Constituido o comité executivo de Novas Xeracións da provincia de Pontevedra integrado por 20 rapaces e rapazas de toda a provincia

Redacción
  • O presidente de NNXX de Pontevedra, Raúl Santamaría reuniu na tarde de onte ao novo comité executivo. “Teño un equipo formado por 1 vicepresidente, 1 secretaria, 9 vicesecretarias e 8 coordinadores comarcais”.
  • Raúl Santamaría amosou a súa satisfacción nesta nova etapa de NNXX. “Somos un equipo xove, un equipo formado, un equipo unido e sobre todo, somos un equipo con moitas ganas de traballar polo noso partido, polos nosos xoves e pola nosa provincia”, indicou.

O presidente de Novas Xeracións de Pontevedra, Raúl Santamaría constitueu na tarde de onte o novo comité executivo da formación, que está integrado por 20 rapaces e rapazas de toda a provincia. Ademais do presidente, conta con 1 vicepresidente, 1 secretaria, 9 vicesecretarias e 8 coordinadores comarcais.

Raúl Santamaría amosou a súa satisfacción nesta nova etapa de NNXX. “Somos un equipo xove, un equipo formado, un equipo unido e sobre todo, somos un equipo con moitas ganas de traballar polo noso partido, polos nosos xovenes e pola nosa provincia”, indicou.

O comité está integrado polo presidente, Raúl Santamaría; Iago Criberio de A Estrada e Sonia Baqueiro de Soutomaior, como vicepresidente e secretaria respectivamente. Como vicesecretario de organización nombrouse a José Caramés de Vigo; como vicesecretario de comunicación e redes a Óscar Cernadas de Pazos de Borbén; como vicesecretario de mobilización e actos a Adrián Arias, de Marín; como vicesecretario de política municipal e acción política a Juan Bayón, de Vilagarcía de Arousa.

Nesta mesma liña, nombrou como vicesecretario de medio rural a Sergio Quinteiro, de Lalín; como vicesecretario de cultura e lingua a Rodrigo García, de A Estrada; como vicesecretario de universidades e formación, a Cristian Domnguez, de Vigo; como vicesecretaria de emprego e emprendemento, a Antía Aragunde, de Vilanova de Arousa; e como vicesecretaria de acción xuvenil e asociacionismo, a Cristina García, de Pontevedra.

Os coordinadores e coordinadoras comarcais son Alejandra Viña, en Vigo; Paula Regojo, en Pontevedra; Abelardo Rodiño no Salnés; Arianna Camba, no Deza-Tabeirós; Alba Martínez, no Baixo Miño; Sara Martínez, no Ulla-Umia; e Luis Martín, na comarca do Morrazo.

Comparte este artigo