- Esta exposición, organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes coa colaboración do Concello da Guarda, será inaugurada o 2 de xullo ás 13:00 horas no Paseo Marítimo do Porto da Guarda
O Concello da Guarda acollerá do 2 ao 30 de xullo a exposición itinerante “José Suárez, vida e obra” no paseo marítimo do porto guardés.
A Real Academia Galega de Belas Artes acordou celebrar o “Día das Artes Galegas” 2026 dedicándollo a José Suárez, o fotógrafo galego máis internacional. Nado en Allariz en 1902, cunha traxectoria marcada pola vangarda arbscca e polo exilio, estaba dotado dunha sólida formación intelectual e dun pensamento liberal. Relacionouse con figuras destacadas da cultura española como Unamuno, Blanco Amor, Seoane ou Alberc, así como da internacional como Akira Kurosawa.
A súa obra fotográfica, influída pola Nova Obxeccvidade, caracterízase por unha mirada moderna, reflexiva e centrada na figura humana, afastada do folclorismo e próxima ás correntes europeas máis innovadoras. A súa figura, complexa e sensible, consolidouse como unha das máis relevantes da fotografía galega e como un referente artístico de dimensión internacional.
Por todo o cal, a Academia organiza unha exposición que forma parte dos actos de celebración en homenaxe ao fotógrafo José Suárez. É unha mostra itinerante para espazos públicos ao aire libre, que a través de fotografías, textos e un deseño coidado, reflicte a obra do artista, poñendo en valor a súa creatividade.
Con tal motivo, o xoves 2 de xullo terá lugar a terceira itinerancia da exposición “José Suárez, vida e obra” na Guarda como un dos actos programados para esta edición do “Día das Artes Galegas 2026”, actividade deseñada para espazos públicos ao aire libre, que a través de fotografías, textos e un coidado deseño quereflicte a obra do artista, poñendo en valor a súa creatividade.
A mostra, está composta por 16 paneis organizados en 4 estruturas metálicas de 140 x 210 cm. nos que se inclúen textos de Luis Seoane, Blanco Amor, Manuel Sendon, Xose Luis Suarez Canal, Domingo Garcia Sabell, Miguel De Unamuno, Jose Bergamin, Juan Manuel Bonet, Rafael Alberti, Publio Lopez Mondejar, Carlos Casares ou Lois Tobío, e deu comenzo en Lugo proseguindo pola Coruña, e poderá visitarse a continuación na Guarda, Vigo, Ribeira, Ferrol, Pontevedra e Santiago de Compostela.
Esta exposición, organizada pola Academia coa colaboración do Concello da Guarda, será inaugurada o 2 de xullo ás 13:00 horas no Paseo Marítimo do Porto da Guarda e poderá visitarse ata o 30 de xullo.
A iniciativa da celebración do “Día das Artes Galegas” na xornada de cada 1 de abril, naceu da Academia no ano 2015, celebrando ao Mestre Mateo, quen nesa data do 1188 dirixiu a colocación dos dinteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelá, segundo consta nos mesmos. Na pasada edición do ano 2025 a figura homenaxeada foi Isaac Díaz Pardo.

