Tui vive na rúa o partido de España e Portugal do Mundial 2026

Redacción

O Concello coloca unha pantalla xigante na praza da Inmaculada

Todo preparado en Tui para desfrutar do partido de oitavos de final do Mundial 2026 que hoxe luns ás 21 h disputan España e Portugal. Un derbi ibérico que se vivirá na rúa, na praza da Inmaculada de Tui.

O Concello de Tui coloca unha pantalla xigante nesta céntrica praza para vivir o partido no que España busca clasificarse para os cuartos de final e avivar o seu soño no Mundial de Estados Unidos, México e Canadá. Para iso deberá superar a resistencia da Portugal que dirixe o español Roberto Martínez.

Tui acollerá hoxe unha xornada deportiva e festiva como cidade transfronteiriza, convidando a persoas de España e Portugal e compartir xuntas a emoción mundialista.

A partir das 19 h haberá sesión dj e gastronomía, coa colaboración de La de Manu. O recadado nesta actividade irá destinado a sufragar a participación do padexeiro tudense Manu Garrido no Campionato do Mundo de Maratón de Piragüismo que se vai celebrar en Arxentina.

Comparte este artigo