A entrega de Premios de “Talento Xove” é un dos alicientes da segunda xornada da Feira do Libro

Redacción

As 18:00 será o acto no que se recoñecerán os tres mellores traballos nas áreas de novela e poesía

Hoxe quedou aberta oficialmente a Feira do Libro de Ponteareas, tralo pregón do escritor novel ponteareano, nuha xornada intensa na que o propio pregoeiro asinou exemplares da súa primeira obra “La últma carta a casa”. No acto inaugural Anxo Rodríguez estivo arroupado polo director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o deputado provincial, Pablo Castillo; a xerente da Federación de Librarías de Galicia Olaya Tembra, ademais da alcaldesa, Nava Castro.

Os xardíns da Xiralda levantarán o telón na xornada de mañá venres as 12:00 horas, pero un dos actos destacados do día chegará as 18:00 horas, coa esperada entrega de Premios do programa “Talento Xove” nas súas modalidades de Novela e Poesía, unha iniciativa promovida pola concellería de Xuventude, dirixida por Cristian Montes, e que entre as distintas áreas propostas contou cunha participación casi cercana aos 770 participantes. Cristian puxo de manifesto que “é para estar moi satisfeitos” co programa Talento Xove, xa que “nos seus tres anos de historia pasamos dos 319 participantes aos 555 e neste ano aos 770”.    

A entrega de galardóns supón a culminación a un proceso que comezaba coa posta en marcha dun “Obradoiro de Escritura Creativa”, no que os participantes adentráronse nun espazo ideal para desbloquear a imaxinación, aprender técnicas narrativas e estructurar historias de forma sólida. E a xulgar pola calidade dos traballos recibidos, non só os dos finalistas, a acción formativa foi aproveitada por todos os participantes.

Teatro para familias

Nese abanico de actividades paralelas que inclúe a Feira, a xornada do venres terá como protagonista o teatro para familias, co título de “Contiario”, a cargo de Pablísimo. Pero, xa dende as 12:00 horas teremos frenética actividad nas casetas das librarías, coa sinatura de exemplares por parte de Alba López Paredes, que asina «Nándinor», «La leyenda de Noa» e “Glesea” na caseta da libraría A gata tola, Olga Alonso Alonso, que asina “Amaranta” na caseta da libraría Porto e  Amara Castro Cid que asina “Hasta siempre, Malena Giestal” na caseta da libraría Terra. A xornada matinal complétase as 12:30 horas, que será cuando Samuel Ferro asine “Abismo bajo las luces” na caseta da libraría Uróboros.

Xa na xornada de tarde, comezará a sinatura de exemplares ás 18:30 horas, neste caso con Silvia de Pablos, que asina “El aquelarre de Sálvora” na caseta da libraría Porto, Juan Galán asina “Rotspanier” na caseta da libraría Ledo e Alba López Paredes asina «Nándinor», «La leyenda de Noa» e «Glesea» na caseta da libraría A gata tola.

As 19:30 horas Petra Bienvenido asina «Códex Umbrarum» na caseta da libraría Uróboros. Competa a xornada, as 20:00 horas, a presentación de “O dragón anoado”, un traballo de banda deseñada de Alberto Varela Ferreiro. E o broche de ouro poñerao, as 21:00 horas, o escritor local Bernardo Freijedo, que presenta “Lembranzas”. 

A Feira do Libro de Ponteareas, que chega a súa décima edición, poderá visitarse nas xornadas de venres en horario dende as 12:00 e ata as 14:00 horas, na xornada matinal, e dende as 18:30 ata as 22:00 horas, salvo o domingo que se clausurará ás 21:00 horas. Destacar que a Feira do Libro está organizada pola Federación de Librarías de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Ponteareas, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.  

Comparte este artigo