O partido de semifinais poderá seguirse na praza da Inmaculada nunha pantalla de grandes dimensións
Tui continúa a vibrar coa Selección Española no Mundial. De novo mañá martes, 14 de xullo, a praza da Inmaculada converterase nunha gran bancada para seguir o partido de semifinais entre España e Francia a partir das 21 h. Instalarase unha pantalla de grandes dimensións – 3 m alto por 6,5 m ancho – onde seguir toda a emoción do encontro.
Tui continúa así con La Roja, logo de que centos de persoas asistiran xa aos dous últimos partidos nesta céntrica praza tudense. Mañá volverase vivir con intensidade cada minuto do partido buscando o pase á final do Mundial.

