O concello de Nigrán ofrece a vindeira semana tres concertos de violonchelo da Asociación “Soncello”

Redacción

Os tres concertos son de balde e forman parte da xuntanza formativa que cada ano realizan no CEE de Panxón

O Concello de Nigrán ofrece desde o luns 20 de xullo ata este venres 24 de xullo tres concertos de violonchelistas e, por vez primeira violinistas que, como cada ano, asisten no CEE de Panxón ao curso de verán da Asociación de Violoncellistas de Galicia ‘Soncello’. Este curso inclúe a celebración destes concertos, levados a cabo por músicos convidados, profesores e o propio alumnado, e serán de entrada gratuíta. O primeiro será o luns 20 de xullo na igrexa de San Fiz ás 21:00 horas e será unha homenaxe ao compositor e violonchelista checo David Popper; o segundo será o mércores 22 de xullo ás 21:00 horas na Igrexa de Santiago de Parada a cargo dos mestres do curso e, o último, o venres 24 de xullo ás 20:00 horas no Auditorio de Nigrán a cargo do alumnado.

Comparte este artigo