- A afección porriñesa sufriu e gozou a partes iguais antes de celebrar o triunfo por 1-0 na prorroga ante Arxentina.
A rúa Domingo Bueno do Porriño converteuse nunha gran festa do fútbol para seguir a gran Final do Mundial entre España e Arxentina. Preto de 2.000 afeccionados congregáronse diante da pantalla xigante para vivir un encontro cheo de emoción e tensión, no que se sufriu e se gozou a partes iguais durante os 90 minutos regulamentarios e tamén na prórroga.
O momento de máxima euforia chegou, de feito, na prorroga, cando o gol da selección española selou o 1-0 definitivo que deu o título mundial a España, desatando o xúbilo entre o público. Un xúbilo que se desataba tamén co asubio final
“Queríamos que fose unha gran festa para todos os públicos e así foi. Trasladar a pantalla á rúa Domingo Bueno foi todo un acerto para que estas 2.500 persoas pudesen gozar deste triunfo histórico con comodidade e seguridade”, explicou o alcalde Alejandro Lorezo
Abrazos, música e auga para combater a calor
Co apito final, a alegría apoderouse da rúa entre abrazos, cánticos e a música do DJ. A pesar de ser noite avanzada, os termómetros aínda marcaban 24 graos no centro do Porriño, polo que a celebración mantivo a súa enerxía ao máximo coa festa da escuma.
Para refrescar os ánimos e combater as altas temperaturas, os bombeiros sumáronse á cita lanzando auga coas súas mangueras para todos os afeccionados que quixeron sumarse ao remate dunha xornada histórica. Ademais os máis mozos participaron na festa da escuma, nun broche para unha noite única. O vermello inundou así a rúa Domingo Bueno ata a madrugada.

