- O mercado celebrarase de maneira excepcional o venres 24 de xullo na Alameda, mantendo o seu horario e emprazamento habituais
O Concello da Guarda informa de que o mercadillo semanal que habitualmente se celebra os sábados na Alameda adiantarase esta semana ao venres 24 de xullo, con motivo do festivo do 25 de xullo, Día de Galicia.
Deste xeito, tanto os postos de venda como a actividade comercial desenvolveranse no lugar e horario habituais, permitindo que veciñanza e visitantes poidan realizar as súas compras con normalidade.
Dende o Concello da Guarda agradecemos a colaboración das persoas usuarias ante este cambio puntual de data, motivado pola coincidencia coa festividade autonómica.

