“IX edición Stock Marín”

Redacción

A IX Edición de STOCK MARÍN, celebrarase do 31 de xullo ao 2 de agosto, na Alameda “Rosalía de Castro” de Marín.

A Concelleira de Turismo e Comercio, Dª Cristina Acuña e o Director Xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, D. Yonathan Carreira, celebraron esta mañá no Concello, o sorteo da distribución dos espazos da IX Edición de “Stock Marín”. A montaxe desta edición, farase aproveitando todo o largo da Alameda, instalándose 22 carpas individuais: 17 de 55m e 5 de 33m.

Os establecementos participantes, ofrecerán a uns prezos interesantes (descontos desde o 50%) productos relacionados cos seguintes sectores: moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, bisutería, papelería, material escolar e xoguetería. O horario do evento será de 11 a 14.00 e de 18 a 22 (o domingo pecharase ás 21) e a entrada será gratuíta.

Ademais, coa finalidade de premiar as compras que se efectúen durante o evento, ás 19.30h da tarde do domingo realizarase un sorteo presencial de 700€ en tarxetas regalo. Desde xeito a persoa gañadora disporá de 14 vales de 50€, para canxear nos stands participantes nesta promoción. O gasto efectuarase durante a feira de stocks.

Dos vales compra non se devolverá cambio. Máis info en https://www.estrelademarin.gal/sorteo-stock-marin-agosto-26/

Tamén haberá un reparto de bolsas reutilizables da campaña “Comercio Compensa”, inciativa da Xunta de Galicia que promove un consumo responsable, sostible e de proximidade. A entrega das bolsas, farase previa presentación dun xustificante de compra, de mínimo 10€ e ata fin de existencias. Ademais o sábado en horario de 19 a 2 e dentro das múltiples actividades que se levan a cabo, a través do club de fidelización “Comercio de Marín”, repartiranse cucuruchos de palomitas previa presentación de xustificante de compra.

Queremos agradecer a predisposición do Concello, a colaborar con esta IX Edición de Stock Marín, xa que asume parte dos custos da montaxe e dos custos do control e vixianza nocturna do evento. O evento conta ademais, coa cofinanciación da Xunta de Galicia.

Comparte este artigo