O alcalde de Nigrán recibe ao delegado de Costas do Estado para amosar o resultado das obras de rexeneración medio ambiental de Praia América

Redacción

O litoral estrea este verán nova fisonomía tras realizar Costas do Estado obras de rexeneración ambiental consistentes en grandes movementos de area, re-ubicación do río e novos accesos peonís

O investimento foi de 220.000 € a cargo do goberno central e o Concello consignou outros 200.000 € de fondos propios para rehabilitar o paseo de Panxón tras os desastres provocados polas borrascas do inverno

“O resultado foi espectacular, non podemos estar máis satisfeitos. Praia América recuperou a imaxe que tiña, as dunas están mellor protexidas e e os acesos son mellores”, agradeceu o alcalde, Juan González

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibíu este mediodía a Miguel García, delegado de Costas do Estado, para agradecerlle in-situ o resultado dos traballos de rexeneración ambiental que esta administración realizou en Praia América. Deste xeito, este litoral estrea este verán unha nova fisonomía tras terse realizado entre maio e xuño grandes movementos de area que permitiron devolver o río a súa canle natural e habilitar novos accesos peonís e un novo peche perimetral do sistema dunar.

“O resultado foi espectacular, non podemos estar máis satisfeitos. Praia América recuperou a imaxe que tiña antes de sufrir a brutal erosión das cicloxénesis dos pasados invernos, as dunas están mellor protexidas e e os acesos son tamén mellores”, agradeceu o alcalde, Juan González. Os danos provocaran o desprendemento de boa parte da superficie dunar da zona entre Panxón e Praia América, orixinándose grandes socalcos e afectando ás diferentes pasarelas de madeira de acceso á praia e incluso ás duchas e boa parte da varanda de aceiro inoxidable do paseo parítimo e o seu pavimento.

Outros tres areais da provincia sufriron consecuencias, polo que Costas do estado investíu neles un total de 320.000 € correspondentes ao Ministerio de Transición Ecológica e Reto Demográfico, sendo 220.000 € só para Praia América. A maiores, o Concello de Nigrán consignou 200.000 € de fondos propios para rehabilitar o paseo de Panxón.

Os traballos supuxeron básicamente a realización de grandes movementos de area para frear de xeito natural a erosión do sistema dunar, moi deteriorado polo achegamento brusco da canle do río (nunca desde que se ten rexistro fotográfico en 1948 o río Muíños chegara a ameazar a duna ata o punto de provocar desprendementos). Consecuentemente, mediante a acumulación de grandes volumes de area procedentes doutras zonas da praia, recuperouse a canle natural que viña presentando nos últimos anos, cun desaugadoiro máis directo ao mar fronte ao meandro que se foi orixinando e que tropezaba co ecosistema dunar. Ademáis, decidíuse eliminar un dos accesos peonís intermedios da zona de campo de redes para habilitar únicamente os dos extremos e así crear un bloque único de duna protexido mediante unha malla cinexética. Ademais, as obras incluiron o arranxo e reconstrución de todas as ramplas e pasarelas de madeira que dan acceso á praia.

“Estamos moi satisfeitos porque é unha actuación que busca unha rápida rexeneración medioambiental e sostible que nos permita convivir co cambio climático”, finaliza o alcalde, Juan González.

Comparte este artigo