O acto contou cunha ampla presenza de representantes da política e do deporte, destacando a asistencia do presidente da Federación española de Fútbol, Rafael Louzán
O concello dePonteareascelebrou hoxe a inauguración oficial das obras de reforma do renovado campo de fútbol de San Mateo, que a partir de hoxe pasa a denominarse Campo de Fútbol “Manolo Gil”. Este proxecto convértese nun exemplo de colaboración institucional e deportiva, e supón unha demanda histórica que agora se fai realidade grazas ao apoio económico da Deputación de Pontevedra.
A intervención supuxo un investimento total de 374.706,75 euros, coa Federación Galega de Fútbol asumindo o proxecto técnico e a Deputación de Pontevedra a totalidade dos fondos para a obra. Os traballos consistiron na renovación do terreo de xogo, instalando unha superficie moderna de céspede sintético, que permitirá que o club conte cun terreo de xogo máis moderno, eficiente e resistente, para que os diferentes equipos entrenen e xoguen.
O acto contou coa presenza destacada do presidente da Real Federación Española de Fútbol, Rafael Lóuzán, ademáis do vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Fernando Iglesias, o presidente da Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto; Humberto Lede, o responsable do proxecto “As Celtas”; Rosana Campo, en representación da Xunta; o presidente da Deputación de Pontevedra; Luis López; o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González; e aalcaldesa, Nava Castro, arroupados polos membros da corporación. En canto á representación do Sporting Club San Mateo, estivo o seu presidente Juan Castro Ucha; o homenaxeado Manolo Gil, e unha nutrida representación de xogadoras e as súas familias. Por suposto, diferentes clubs deportivos da vila tamén tiveron representación, sumándose ao acto.
A emoción pola culminación deste proxecto histórico marcou o discurso inicial de Juan Castro Ucha, quen non ocultou a dificultade do camiño percorrido. “Chegar aquí despois de 37 anos é moi complicado, é un antes e un despois para o fútbol feminino e para o San Mateo”, destacou o presidente, quen tivo tamén palabras de profundo recoñecemento para o gran homenaxeado do día, Manolo Gil, de quen díxo que “é unha persoa que o deu todo polo fútbol; polo masculino e, especialmente, por eses 15 anos dedicados ao fútbol feminino”.
O tenente de alcalde, Juan Carlos González, botou a vista atrás para lembrar que o convenio para a redacción do proxecto xestouse na época de Rafael Louzán como presidente da Federación Galega de Fútbol. “É un día especial, non pola inauguración en si, senón por eses 37 anos de traballo pondo en valor o fútbol feminino”, sinalou González, quen quixo facer un agradecemento moi especial á Asociación de Veciños de San Mateo, que cederon o terreo para o campo de fútbol. “Se esa directiva non dera ese paso no seu día, hoxe non estaríamos aquí, apuntillou Juan Carlos,quen reafirmou o compromiso do equipo de goberno por sacar adiante un proxecto que cualificou de “necesario” e avanzou a intención de seguir mellorando as infraestruturas.
Pola súa banda, Manolo Gil amosou a súa máxima gratitude cara ás entidades promotoras, lembrando a quen fixo posible este recoñecemento na súa propia terra. “Agradezo ao Concello e á Deputación por facer o campo, e amoso a miña satisfacción e agradecemento á directiva do San Mateo e á Asociación de Veciños por poñer o meu nome a estas instalacións». Ademais, Gil non deixou pasar a oportunidade para mirar ao futuro e recolleulle a palabra ao tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, de cara a “futuras obras para seguir mellorando o campo”.
O Presidente da Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, amosou o seu “orgullo” ante o que cualificou como un gran proxecto deportivo que recolle o legado de Louzán na Federación Galega de Fútbol, onde unha das grandes prioridades é a mellora dos campos de Galicia. “O obxectivo é axudar ás administracións coa elaboración de proxectos, como fixemos no caso de Ponteareas, porque entendemos que o éxito de España non sería posible sen o traballo do fútbol base” apuntou Prieto. Tamén amosouse ademais “moi satisfeito por un club modesto e humilde cuxos equipos son 100% femininos”, gabando o labor do Concello e da Deputación.
Rafael Louzán, como peza clave na xestión orixinal do proxecto, incidiu en que “cando se traballa unido as cousas saen, e sobre todo cando hai entendemento entre as administracións. É a única maneira de traballar, xuntos”. Louzán felicitou aos presentes calificando a obra como “unha cuestión de fe, porque non era fácil encaixar aquí un campo de fútbol, pero o tempo de espera valeu a pena”. Así mesmo, destacou a importancia de que as instalacións se vaian compartir co obxectivo de “sacarlle o máximo rendemento grazas a esta importante inversión pública”, celebrando que esta sexa xa a cuarta inauguración de campos no municipio, tras a de Angoares, a do Xuvenil e a de Areas.
Pechou o acto a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, lembrou os inicios do mandato e a firmeza coa que se tomou esta xestión, señalando que “foi unha das primeiras sinaturas que fixemos Juan Carlos e máis eu”. Nava salientou que “sen diñeiro isto sería un soño”, por iso tivo palabras de eloxio para o presidente provincial pola súa sensibilidade co municipio, amosando o seu“maior recoñecemento, porque sempre que petamos ás portas da Deputación, o presidente sempre nos di que si se é para beneficio da sociedade, do deporte e da maioría dos veciños”.
A rexedora engadiu que “hoxe o campo de San Mateo é unha realidade, e tamén o será pronto o campo de Santiago de Oliveira”, concluíndo que os verdadeiros protagonistas son “os que estades aí: o presidente, a directiva, as xogadoras e as súas familias. Tamén tivo palabras de eloxio para o presidente de club, sinalando que “sen esa perseverancia e ilusión, sería imposible chegar ata aquí”. Tamén quixo ter presente a o home que da nome ao campo, engadindo que “persoas como Manolo son un exemplo de vida entregada ao fútbol”. Finalmente puxo en valor o feito de que “hai xa moitos anos que había aquí unhas rapazas xogando día tras día, que merecían un campo coma o que inauguramos hoxe”.
O mundial como protagonista
O fito global da Selección Española tamén foi fío condutor no discurso de Louzán, quen fixo alusión á vitoria no Mundial afirmando que “non só é unha vitoria deportiva, senón unha vitoria de dignidade de país e de como gañamos. O importante do fútbol é que entrelaza a toda a sociedade española e nárranos de orgullo e ledicia. Unha vitoria que lograron os xogadores e o corpo técnico para este país e que tanto se necesitaba para encherse de moral”.
Enlazando con ese recordatorio a un feito histórico, como é a consecución da segunda estrela, Louzán quixo facer partícipes a alcaldesa, Nava Castro, entregándolle unha camiseta da Selección Española coas dúas estrelas e personalizada co seu nome. É aínda que seguro que no Sporting Club San Mateo non esquecerán o día de hoxe, o recordo vai a ser aínda máis especial, porque tamén Louzán lles entregou a camisola das dúas estrelas personalizada co nome do club.

