O Concello de Salvaterra de Miño ante a proximidade da celebración das festas organizadas polo Concello e considerando que os horarios xerais de apertura e peche de actividades son aplicables para categorías de actividades e non só para un número determinado de establecementos, estímase conveniente aprobar unha ampliación dos horarios de peche para establecementos adicados a ocio e restauración, e os propios espectáculos organizados polo Concello nas seguintes datas:
- Noite do 1 ó 2 de agosto de 2026 (festival O Son da Muralla): ampliación de 2 horas.
- Noite do 8 ó 9 de agosto de 2026 (festival Imos de Guateque): ampliación de 1 hora e media.
- Noite do 28 ó 29 de agosto de 2026 (venres da Festa do Viño do Condado do Tea): ampliación de 1 hora e media.
- Noite 29 ó 30 de agosto de 2026 (sábado da Festa do Viño do Condado do Tea): ampliación de 1 hora e media

