Home Pontevedra A Lama O concello mantén aberto o prazo para anotarse no servizo "Concilia A...

O concello mantén aberto o prazo para anotarse no servizo “Concilia A Lama 2021” ata o vindeiro domingo 13 de xuño

- Anuncio -

Poderán beneficiarse destre programa os nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados no concello ou que algún dos seus proxenitores traballe no termo municipal

O Concello da Lama mantén aberto o prazo de inscrición no servizo “Concilia A Lama 2021” ata o vindeiro domingo día 13 de xuño. Esta iniciativa, financiada a través da Liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, ten como finalidade ofrecer apoio ás familias do municipio para que poidan concilia-la vida persoal, familiar e profesional favorecendo a corresponsabilidade. O proceso de inscrición farase ata o 13 de xuño, nas dependencias municipais ou a través da sede electrónica do Concello.

Este programa vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados no concello ou que algún dos seus pais traballe no termo municipial da Lama.

As actividades do “Concilia A Lama 2021” realizaranse en distintos espazos municipais como o Multiusos, o parque infantil da Alameda, etc. entre o 1 de xullo e o 10 de setembro e do 22 de decembro de 2021 ata o 7 de xaneiro do 2022 en horario normal de 9 a 14 horas e ampliado de 8:30 a 14:30 horas.

Para poñer en marcha este servizo o Concello estipula un mínimo de 5 nenos e nenas anotados e un máximo de 15. No caso de superar este número de solicitudes, os beneficarios terán que someterse a un proceso de baremación en función das bases que figura no taboleiro e na sede electrónica do Concello da Lama.

Os obxectivos do “Concilia A Lama 2021” son, entre outros, desenvolver un programa educativo mediante actividades igualitarias, saudables e de respecto pola contorna e o medio ambiente, contribuír ao desenvolvemento persoal e social dos menores a través do disfrute dun lecer saudable, incentivar durante as actividades a responsabilidade e a autonomía persoal dos menores, etc.

Tamén se pretende promover diariamente hábitos de vida saudables a través de xogos e dinámicas lúdicas, realizar actividades específicas que fomenten a igualdade, a convivencia, a integración, cooperación e participación potenciando valores de amizade, compañeirismo e respecto.

Outro dos aspectos fundamentais que persiguen estas actividades será o fomento da sostenibilidade, o coidado do medio ambiente, a reciclaxe e o consumo responsable. Tamén promoverá a corresponsabilidade no ámbito doméstico animando aos participantes a colaborar todo o posible nas tarefas do fogar en función das súas capacidades.

Para máis información sobre a documentación a aportar, solicitudes e requisitos de baremación pódense consultar as bases no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello da Lama (www.https://concellodalama.sedelectronica.es).

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas