Home Lugo A Mariña Occidental A Xunta apoia a Semana Santa de Viveiro e avanza coas confrarías...

A Xunta apoia a Semana Santa de Viveiro e avanza coas confrarías en proxectos para reforzar a súa difusión

- Anuncio -

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo hoxe un encontro co presidente da Xunta de Confradías de Semana Santa de Viveiro, José Veiga, para seguir avanzando na dinamización desta celebración, que conta desde 2013 coa declaración como Festa de Interese Turístico Internacional. No encontro abordouse tamén a posta en marcha dun proxecto que ofreza información permanente sobre a Semana Santa de Viveiro no Claustro da Igrexa de San Francisco, que funcionaría coma un museo temporal.
O Goberno galego apoia o traballo das confrarías galegas para manter as tradicións e que convivan co presente, ao tempo que se converten, coma neste caso, en importantes reclamos turísticos ao atraer cada ano a centos de visitantes para participar nas numerosas procesións e actos relixiosos. A Xunta mantén así o seu compromiso coas celebracións da comunidade pola súa capacidade para potenciar os valores que diferencian a Galicia como destino turístico. No caso das declaradas de Interese Turístico reciben ademais apoio económico por parte da Administración autonómica para colaborar na súa difusión.

Relacionadas

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare para as...

0
— Os centros poden solicitar ata o 10 de xuño sumarse a este programa, que se realiza fóra do horario lectivo en catro niveis...

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras...

0
Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras,...

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica...

0
― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr ― Estas tarefas forman parte do...

Publicacións Relacionadas