O Concello de Nigrán, dentro do seu ciclo de ‘vermú de barrio’ co que colabora a Deputación de Pontevedra, ofrece este luns 10 de agosto ás 21:00 horas na Praza do Concello o concerto de ‘Tonichi e Pacheco’. No lugar estarán sendas food-trucks de Lalo’s e Capitán Filloa.
Ao longo da súa carreira, Tonichi e Pachecho, veciños do Val Miñor, compartiron escenario con artistas de primeiro nivel como Manu Chao, James Brown, Emir Kusturica, Kiko Veneno, Coque Malla, Raimundo Amador, Los Enemigos, Los Secretos… O seu espectáculo combina interpretacións inspiradas en grandes referentes como Django Reinhardt e Paco de Lucía, alén de clásicos universais como Zorba ‘El Girego’ e Lles Yeux Noirs.

