Tui celebra o sábado 15 a Festa do Miño con música e gastronomía

Redacción

A rúa Compostela acollerá a dez asociacións que ofertarán diversos pratos. Contarase coa actuación da charanga A tu Ritmo, Fanfarria Taquikardia e de Mekánica Rolling Band       

ESTE MARTES VISITA AO MOSTEIRO DE GANFEI E SAN TEOTONIO

Forma parte do ciclo “Coñece o noso patrimonio” que promove o Instituto de Estudios Tudenses

Este martes, 11 de xullo, continua o ciclo de visitas guiadas que promove o Instituto de Estudios Tudenses ao longo dos meses de xullo de agosto que agora céntrase nunha visita ao mosteiro de O Salvador de Ganfei e á figura de San Teotonio, natural destas freguesía de Valença. A visita comezará no propio mosteiro ás 20,30 h (ES):

Co título “Os tempos do románico en Ganfei: o mosteiro de O Salvador e San Teotonio”, a visita estará guiada por Isilda Salvador, recoñecida museóloga, investigadora e técnica cultural vinculada ao Municipio de Valença e activa na dinamización do patrimonio histórico da Eurocidade Tui-Valença e integrante da Xunta Directiva do Instituto de Estudios Tudenses.

No decurso da visita os participantes coñeceran a arquitectura románica deste templo especialmente vinculada cos estilos artísticos da catedral tudense que está celebrando na actualidade os oitocentos anos da súa consagración. O mosteiro de Ganfei está moi ligado á historia de Tui e ao seu patrimonio inmaterial. Completará a visita un achegamento á figura de San Teotonio, natural deste lugar, e primeiro santo portugués e que mantivo unha estreita relación con Tui e esta contorna.

Para a presidenta do Instituto de Estudios Tudenses, Marta Cendón, con esta visita ao mosteiro de Ganfei este Instituto segue expresando a súa vocación de traballo no ámbito da Eurocidade Tui-Valença.

Pola súa banda, a concelleira de patrimonio e turismo, Ana Núñez Álvarez, mostra a súa satisfacción pola excepcional participación que houbo nas anteriores visitas que testemuñan o interese de tudenses e visitantes por achegarse ao patrimonio tudense expresando a súa capacidade de axente dinamizador da nosa cidade e a súa contorna.

Comparte este artigo