Home Vigo Pazos de Borbén O Patio Inclusivo do CPI Curros Enríquez garante espazo para o deporte,...

O Patio Inclusivo do CPI Curros Enríquez garante espazo para o deporte, a lectura e o xogo tradicional

- Anuncio -
  • O proxecto quere evitar a exclusión dos alumnos que non practicaban xogos con balón e garantir un espazo propio para outras alternativas de xogo
  • Corren tempos de cambio en todo o que a educación refírese e os patios de moitos colexios están a repensarse para gañar protagonismo e, sobre todo, para garantir a inclusión de todo o alumnado. Neste proxecto de patios inclusivos está inmerso o CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén, que esta mañá recibiu a felicitación polo desenvolvemento do proxecto por parte da Delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, o Xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, e o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias.

  • O obxectivo do proxecto de patios inclusivos é claro, que os escolares que non practican deportes con pelota durante o recreo dispoñan dun espazo propio con diferentes alternativas de xogo e lecer adaptadas ás súas preferencias. Así, durante os seus recreos os pequenos poden escoller opcións como o circuíto de educación viaria para bicicletas e karts con sinalización real proporcionada polo Concello, o campo de golf con 8 foxos (cada un co nome de cada parroquia do municipio), xogar á petanca, ao pingpong ou gozar da biblioteca exterior.
    A iniciativa comezou a levar a cabo no inicio do curso pasado coa diferenciación das primeiras zonas inclusivas, pero tras a declaración de alarma, tivo que reformularse para adaptarse á nova normativa sanitaria. Neste momento xorde a idea de acondicionar unha zona para a petanca, un xogo tradicional en grupos reducidos que ademais permitía a fácil desinfección do material.

  • Desde o centro sinalan non se trata só de integración, senón tamén de educar no respecto, a igualdade e potenciar as habilidades sociais necesarias para aprender a convivir con quen elixe opcións diferentes ás propias, axudando así a mellorar o clima de convivencia no centro educativo e na contorna social dos alumnos.

  • O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, felicitou á dirección do centro polo traballo realizado e fixo extensivo este agradecemento ao ANPA pola súa doazón de equipamento como os xogos de petanca, os karts e a mesa de pingpong. “O meu máis sincero parabén a todos os responsables do proxecto polo seu traballo. Grazas a eles os pequenos poden aprender a relacionarse cos demais, a convivir, comprender e compartir, nun espazo común. Iniciativas como esta axudan a ter unha sociedade máis respectuosa e igualitaria”, finalizou o rexedor.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas