Home A Coruña Máis de 2.000 persoas participaron na cuarta edición da Primavera no Camiño...

Máis de 2.000 persoas participaron na cuarta edición da Primavera no Camiño Inglés

- Anuncio -

A comarca de Ordes foi unha das protagonistas coas troitas de Oroso, os obradoiros de barro de Mesía e o graffiti promovido por Ordes

Máis de 2.000 persoas tomaron parte na cuarta edición de Primavera no Camiño Inglés, celebrada esta fin de semana na praza de Armas de Ferrol e organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña. Un evento no que a comarca de Ordes estivo moi ben representado e onde dúas das súas propostas estiveron entre as máis visitadas da feira: o showcooking de troitas de Oroso e o obradoiro infantil de barro promovido por Mesía.

Manuel Mirás, presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, amósase moi satisfeito polo “gran éxito de participación e de organización que permitiu poñer en valor os numerosos atractivos que presenta o Camiño Inglés a nivel patrimonial, cultural, paisaxístico e gastronómico xusto cando volven despegar as visitas de peregrinos por mor do dobre Ano Santo Xacobeo”.

De feito, Mirás Franqueira apunta que “a última hora da tarde, unha ducia de peregrinos de Portugal, Sevilla e Valencia se achegaron ao recinto feiral e quedaron encantados con todo o que viron que tiñan ao seu alcance durante os próximos días”. “Somos conscientes de que nun ano normal esta afluencia se tería duplicado ou triplicado facilmente, pero tamén sabemos valorar que é o noso primeiro gran acto despois da pandemia e celebramos tamén que empezamos a volver á normalidade e que comezan a chegar peregrinos polo Camiño Inglés para desfrutaren desde dobre Ano Santo Xacobeo”, apunta Mirás Franqueira.

A comarca, protagonista

As corenta prazas dispoñibles para cada showcooking cubríronse facilmente e nalgún caso mesmo houbo ocasión de facer unha segunda quenda, como aconteceu coa degustación de máis de 10 quilos de troitas de Oroso con pan de Carral, culminado cunha sobremesa caseira de Casa Xacobe (Sigüeiro). Unha sobremesa que tamén foi entregada a todas as persoas que se achegaron polo stand do Concello de Oroso, onde os máis pequenos non deixaron de tomarse unha fotografía nuns xigantescos zocos cortesía da empresa local Zoclos. A maiores, a música do grupo folclórico Lembranzas do Tambre foi a encargado de pechar esta cuarta edición da Primavera no Camiño Inglés.

Outras das actividades máis concorridas durante toda a xornada foron os obradoiros infantís, onde houbo que organizar varias quendas para tentar separar ao gran número de nenos e nenas que desexaban participar. Un dos máis aplaudidos foi o obradoiro de barro promovido polo Concello de Mesía, onde os rapaces podían optar por prepararen a súa peza cun molde ou facer a súa propia cunca nun torno disposto na praza. No stand de Mesía, baixo a imaxe principal do albergue de Bruma, destacábanse tamén produtos de empresas locais como a Casa Grande de Xanceda ou Tejas Verea. Porén, unha das maiores sorpresas foi unha vaca en cartón da Casa Grande de Xanceda que tiña un globo para que os máis pequenos practicaran a arte de muxir unha vaca.

Finalmente, o stand de Ordes promovía recursos como o Museo do Traxe Juanjo Liñares e eventos como o DesOrdes Creativas. De feito, unha das participantes neste festival de arte urbana, a ilustradora ordense Diana Rodeiro, máis coñecida como Nana, elaborou un graffiti dun peregrino á entrada da carpa de Primavera no Camiño. Un traballo que lle levou case as nove horas que estivo aberta a feira.

Relacionadas

Máis de 1.200 fotógrafos e fotógrafas participaron nas 26 edicións do Certame Fotográfico Xosé...

0
Entregados a Mónica Vila Ferreirós, Antonio Gutiérrez Pereira, José Manuel Pérez Pena e Mª Goretty Vázquez Rodríguez os premios da edición 26ª28/04/2024.  Mónica Vila Ferreirós,...

O Concello subvenciona con 90.000 euros melloras na accesibilidade en tres bloques residenciais da...

0
As achegas municipais permitirán financiar ata o 50% das obras previstas polos veciños e veciñas dos edificios das rúas Almirante Mourelle, Palomar e Barcelona O...

Os XI Premios Juan Mayorga fixeron da Coruña a capital do teatro afeccionado

0
O concelleiro Gonzalo Castro, destacou a importancia das artes escénicas na programación cultural da cidade O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade,...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

Publicacións Relacionadas