O 28 de agosto pecharase en Patos con ‘Los Deltonos’ e ‘Cow Caos’
O Concello de Nigrán continúa este domingo 23 de agosto ás 19:30 horas co seu festival ‘Tardes na solaina’ no esteiro de A Foz co concerto de ‘Tangomango’, grupo de soul-funk da comarca con letras en castelá na voz de Toño López (BlackStereo).
As ‘Tardes na Solaina’ rematarán o venres 28 de agosto no aparcadoiro de Patos-Praia de Abra, onde como broche de ouro deste festival iniciado o 26 de xullo terá lugar o concerto do mítico grupo de rock cántabro ‘Los Deltonos’ e os lisboetas ‘Cows Caos’, conxunto de rock tropical e psicodélico. Todos estes concertos son de balde.
“Somos un Concello recoñecido pola súa aposta pola música en directo e seguiremos vogando neste sentido, especialmente no verán, cando podemos gozar ao aire libre e en contornas espectaculares”, explica o alcalde, Juan González. ‘Tardes na Solaina’ sumou desde o pasado 26 de xullo concertos de grupos como Mesteño, Mambas Negras, Stoned at Pompeii, Dorrey Lyles & Marcos Coll , Arizona Baby e Dakidarría este xoves 27.

