Home Pontevedra O Salnés A Xunta inicia esta semana traballos de roza e limpea nas marxes...

A Xunta inicia esta semana traballos de roza e limpea nas marxes de estradas autonómicas nos concellos de Sanxenxo e de Salceda de Caselas

- Anuncio -

― Os traballos centraranse no acondicionamento da zona verde de dominio público da estrada PO-308 entre a vila de Sanxenxo e A Lanzada, e na estrada PO-399, na roza das marxes no seu percorrido polo municipio de Salceda de Caselas


― Este tipo de actuacións contribúen á eliminación de especies que incrementan o risco de lume e melloran a seguridade viaria, ao evitar a caída de árbores á vía e incrementar a visibilidade


― As intervencións permiten, ademais, dar cumprimento ao acordo parlamentario para a redución progresiva do uso de herbicidas nas marxes das vías de titularidade da Xunta


― O departamento que dirixe Ethel Vázquez, a través da empresa pública Seaga, leva investido desde o ano 2018 6,8 M€ no control da biomasa nas marxes das estradas das catro provincias

A Xunta prevé iniciar a vindeira semana os traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas PO-308 e PO-399, ao seu paso polos concellos de Sanxenxo e de Salceda de Caselas, respectivamente.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade renovou a encomenda á empresa pública Seaga para a realización de tarefas de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas das catro provincias, de cara á prevención de lumes e o reforzo da seguridade viaria, á que destina un investimento de preto de 1,5 millóns de euros.
No marco destas intervencións, este luns comezarán os traballos nas citadas vías autonómicas da provincia de Pontevedra, que se irán estendendo de xeito progresivo a outras estradas de titularidade da Xunta das outras provincias.
En concreto, as actuacións que se desenvolverán na PO-308, no tramo entre a vila de Sanxenxo e A Lanzada, céntranse no acondicionamento da zona verde do dominio público viario. No caso da PO-399, os labores comezan pola roza nas marxes desta vía no seu percorrido polo municipio de Salceda de Caselas.
O conxunto de traballos realizados no marco deste contrato, que acaba de ser renovado coa empresa pública Seaga para os vindeiros 12 meses, completan os que se veñen realizando ao longo do ano polo servizos ordinarios de conservación de estradas da Xunta. Mediante estas actuacións impúlsase a tala e roza de vexetación de dominio público das estradas autonómica e supoñen un apoio aos labores de conservación de zonas verdes en sendas peonís e glorietas.
Deste xeito, por unha banda, estas actuacións contribúen á prevención dos lumes, ao eliminar especies pirófilas como o piñeiro, o eucalipto ou a acacia nas marxes das vías de titularidade da Xunta. Dáse así cumprimento á Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia recolle o obxectivo da rotura da continuidade horizontal e vertical da biomasa, de modo que as estradas actúen con efecto “cortalumes”.
O control da vexetación tamén supón a mellora da seguridade viaria. Os traballos proxectados eliminarán árbores que poderían caer á calzada en caso de temporal e evitarán que invadan as beiravías ou beirarrúas, facilitando o tránsito de peóns e ciclistas. Ademais, serve para aumentar a visibilidade dos usuarios e consegue o efecto de afastar da estrada animais como xabarís ou corzos.
Este contrato tamén posibilitará dar cumprimento ao acordo do Pleno do Parlamento de Galicia do 25 de setembro de 2019, polo que se insta ás administracións públicas a impulsar unha redución progresiva do uso de herbicidas nas marxes das estradas.
O departamento que dirixe Ethel Vázquez intensificou nos últimos anos as accións de prevención de lumes nas marxes das estradas autonómicas, engadindo aos medios da súa conservación ordinaria un reforzo con encomendas á empresa pública Seaga. Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 lévanse investidos 6,8 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas