Home Vigo Baiona O Concello de Baiona asina por primeira vez na súa historia un...

O Concello de Baiona asina por primeira vez na súa historia un convenio nominativo coa Agrupación Musical de Belesar

- Anuncio -

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, asinou o primeiro convenio nominativo da historia do Concello de Baiona coa Agrupación Musical de Belesar.

O rexedor comprometeuse a @dicha asina coa agrupación e hoxe materializou as súas palabras coas rúbrica deste acordo. Con este xesto o mandatario quere mostrar todo o seu apoio “ao gran traballo e a actividade que dita agrupación desempeña en Belesar. A formación da parroquia baionesa leva máis de vinte anos realizando unha gran actividade cultural para os veciños e veciñas”.

No acto de firma de hoxe participaron o Alcalde, Carlos Gómez Prado, e o Presidente da agrupación, Carlos Giráldez Rodríguez, quen acudiu acompañado doutro directivo.

O Concello de Baiona, na súa aposta pola cultura local e pola promoción de actividades educativas e musicais, asinou por primeira vez un convenio nominativo de 6.000 euros coa agrupación.

“Creamos por primeira vez unha subvención nominativa exclusiva para a banda”, explicou o alcalde, quen engadiu que “coa firma deste convenio queremos saldar unha débeda histórica coa Agrupación Musical de Belesar que desde fai máis de vinte anos leva o nome da nosa vila alá por onde van. Levando a imaxe de Baiona polo mundo e ligándoa sempre aos seus éxitos”.

Desta maneira, “logramos conservar e impulsar aquelas manifestacións artísticas e culturais que teñen un arraigamento notable no noso municipio”, indicou Gómez Prado, quen recalcou “a notable traxectoria musical da Agrupación Musical de Belesar, cuxa participación aumenta cada ano”. E é que na actualidade, a asociación conta cun gran número de alunamos e alumnas do mesmo xeito que a banda que está composta por un gran número de músicos e músicas, todos eles baixo a batuta de Javier Domínguez Millán.

Así, Gómez tamén quixo lembrado que a formación “leva a cabo un importante labor docente a través da escola. Nela fórmanse os músicos e músicas integrantes da banda e todos aquelas persoas interesadas en aprender a linguaxe musical”. Ademais, “coa súa participación en certames musicais e encontros a banda contribúe á promoción do noso municipio”, concluíu.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas