Home Pontevedra Caldas O concello de Portas reforza o seu servizo de recollida selectiva de...

O concello de Portas reforza o seu servizo de recollida selectiva de lixo coa compra de 72 novos contenedores verdes e amarelos

- Anuncio -

Cun investimento duns 12.000 euros o alcalde, Ricardo Martínez, pretende substituír aqueles contedores que se atopan en malas condicións e dar resposta ao aumento da demanda que se produce na época estival deste servizo

O Concello de Portas acaba de recibir unha importante remesa de contedores de recollida selectiva de lixo, tanto verdes como amarelos, que irán destinados a reforzar o sistema de retirada e posterior tratamento para os residuos sólidos urbanos que se producen en todo o municipio.

Esta última adquisición feita polo Concello de Portas supón un investimento duns 12.000 euros e permitirá incorporar 72 novos contedores de lixo ao servizo público de recollida. Este acopio de material permitirá substituir os contedores que presentan graves desperfectos ocasionados polo uso continuados do servizo, pero tamén aqueles que son vítimas do vandalismo e a falla de concienciación cidadá e que provoda o seu deterioro.

Tamén se aproveitará esta remesa de 72 novos contedores para reforzar a presenza da recollida selectiva de residuos sólidos urbanos en todo o municipio, pero especialmente naquelas zonas onde en épocas estivais se detecta unha maior presenza e tamén actividades xerando maior capacidade de produción de lixo ao que hai que darlle un tratamento e unha saída axeitadas.

REDUCIR, SEPARAR E RECICLAR

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, lembra á veciñanza da importancia que ten a colaboración cidadá na recollida, separación e aposta pola reciclaxe para mellorar este servizo. Martínez sinalou que “aínda que hai unha importante concienciación social sobre a necesidade de reducir os nosos resíduos, tamén é certo que estamos notando que a xente cada vez é máis consciente da obrigación de separar o lixo e favorecer os procesos de tratamento e reciclaxe”.

O alcalde recordou a importancia de separar ben os residuos porque “ademais de ser unha obriga que temos como consumidores e cidadáns é un beneficio para todos xa que canto máis separemos menos se desbota e podemos impulsar unha economía circular e tamén un reaproveitamento ecolóxico dos nosos residuos cun aforro importante tamén para o mantemento do propio servizo”.

Ricardo Martínez anunciou que nos vindeiros días emprenderase un proceso de reforzo do servizo de recollida con estes novos contedores, unha vez sexan rotulados para identificar a propiedade do Concello de Portas. “Intentaremos facelos rendir o máximo posible e chegar con estes novos contedores ata onde se poida porque aínda que ás veces non lle deamos importancia e pensemos que estas cousas non custan cartos, o certo é que si polo que temos que ser conscientes da necesidade de que coidemos do noso, do de todos”, indicou o alcalde.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas