O Porriño prepárase para a súa fin de semana grande de festas

Redacción
  • Kate Ryan, D. Valentino, Gabriel Fandi, Gisela ou Queimán Folk actuarán nos diferentes escenarios da vila durante o inicio da fin de semana grande do Cristo

A fin de semana grande do Cristo empeza forte no Porriño con algúns dos artistas que forman parte do Louro Valley quentando motores xa pola mañá na praza do Concello. Aínda que esa noite do venres o gran protagonista será D. Valentino, que está a xerar un gran revuelo sobre todo entre a poboación máis moza, no cartel estará acompañado por Samu Pexe, Sneaky WH, Pitty e Shameless, que porán a música durante a madrugada no festival gratuíto co apoio do Xacobeo e que terá lugar no aparcadoiro da rúa Progreso a partir da 1:00 h.

Algo antes, na praza Arquitecto Antonio Palacios, María Xosé Silvar, coñecida artisticamente como SÉS, abrirá a fin de semana grande de concertos este venres 25 ás 20:15 h. Incluído no programa +Música da Deputación de Pontevedra, este concerto permitirá asistir de forma gratuíta a escoitar a unha das voces máis representativas da música galega contemporánea. O seu estilo propio nace da mestura de rock, blues, folk e canción de autor, cunha forte presenza da tradición galega e latinoamericana. As súas letras, cargadas de compromiso social, feminismo e reivindicación cultural, pero tamén de amor, convertérona nunha referencia dentro e fóra de Galicia.

Tamén o venres 25, unha das grandes orquestras galegas, a París de Noia, actuará ás 21:00 h no aparcadoiro da rúa Progreso. Ás 23:45 h sumarse ao cartel Gabriel Fandi, que actuará no mesmo escenario ata o comezo do Louro Valley Festival.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destaca a gran expectación que están xenerando estes eventos. Destacando que “ecoa programación de actividades que realizamos durante todo o ano xa conseguiu un fito que semellaba imposible: que xente de Vigo, Cangas, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa… veña ao Porriño a desfrutar dos nosos concertos, das nosas festas, dos nosos obradoiros e do noso deporte”

Sábado de Pregón e música remember

O sábado 26 continuará a programación co pregón das festas ás 13:30 h na praza Arquitecto Antonio Palacios, a cargo de Janet Novás.

Kate Ryan, a raíña das pistas de baile, é un dos grandes atractivos destas Festas do Cristo o sábado, pero non chega soa: no Dabuten Remember Festival 2026 (que comezará ás 22:00 h no aparcadoiro da rúa Progreso) estará acompañada de Khris Guez, Traffic House, Dmirón e Michi.

Ademais, o sábado ás 20:30 h na praza Arquitecto Antonio Palacios poderá desfrutarse do espectáculo “Queiman Folk-Rock”, protagonizado polo Bruxo Queiman. “Queiman Folk-Rock” é unha creación artística singular dentro do panorama musical galego que combina a enerxía do rock coa esencia do folk celta, sumando ademais elementos de danza, teatralidade e a presenza simbólica do lume.   No escenario dialogan as gaitas, a potencia da percusión, as voces, o rock, a interpretación e o elemento do lume para ofrecer unha experiencia escénica e visual de gran forza. A cita preséntase como unha oportunidade para gozar duns dos espectáculos máis orixinais da cultura galega actual nun espazo emblemático do municipio.

Domingo 27: Actos relixiosos, Gisela e orquestras

O domingo 27 estará marcado polos actos relixiosos e as propostas para toda a familia. Así ás 12:00 h terá lugar a Misa Solemne e Procesión do Santísimo Cristo da Agonía na Igrexa de Santa María e rúas da vila. O acto estará amenizado pola Coral Polifónica da EMMUS do Porriño, a Banda de Guerra da Brilat, a Banda de Música do Porriño e o Grupo de Gaitas Arume de Malvas.

O prato forte para a cartivada chegará ás 18:00 h da man de Gisela co espectáculo “Una historia encantada” na praza Arquitecto Antonio Palacios, durante unha fin de semana chea de obradoiros para eles e elas.
Ás 19:30 h será o turno da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos na rúa Domingo Bueno, mentras a verbena trasádase, primeiro a praza Central co  Grupo Claxxon ás 21:30  e logo volve a Domingo Bueno da man da Orquestra América ás 22:30 h 

Luns 28: Misa de campaña, bandas de música e Panorama

O luns logo da misa solemne que terá lugar ás 12:ooh na praza do Cristo, amenizada polo Coro do Grupo Parroquial, terá lugar un concerto da Banda de Música Municipal de Redondela que volverá a actuar ás 19:00 xunto a a Banda de Música Unión Musical de Valladares na praza do Cristo.
Para pechar a noite: a Orquestra Tango actuará ás 21:00 h na Praza Central, e a gran fin de festa chegará coa Orquestra Panorama ás 23:45 h na rúa Domingo Bueno.

Concertos accesibles

O concerto de D. Valentino, o de Kate Ryan, o de Gabriel Fandi, Gisela e o pregón das festas contarón con intérprete de lingua de signos nunhas festas inclusivas, nas que non se quere deixar fóra a ninguén.

Comparte este artigo