A Policía Local rescatan a un home atrapado no incendio dunha vivenda no Porriño

Redacción
  • Varios axentes deberon recibir asistencia médica por inhalación de fume tóxico
  • No interior da vivenda rescataron un home que foi posto a disposición xudicial porque sobre el pesaba unha orde de detención

Axentes da Policía Local do Porriño rescataron na tarde de onte a un home que se atopaba no interior duns vivenda afectada por un incendio na rúa Lugo do Porriño.

Os feitos producíronse pasadas as 17:00 horas do venres 25 de setembro. Á chegada dos axentes, a nai do ocupante comunicoulles que o seu fillo permanecía aínda no interior da vivenda.

Ante esta situación e o risco existente para a vida do ocupante, os policías forzaron a porta de entrada e accederon ao inmoble, malia a importante acumulación de fume.

Unha vez no interior, os axentes conseguiron localizar o home e sacalo da vivenda, posibilitando que recibise asistencia sanitaria. Durante a intervención constatouse ademais a presenza de amoníaco no inmoble, o que, unido ao fume xerado polo incendio, incrementou o risco de exposición a gases tóxicos.

Como consecuencia da intervención, os policías que participaron directamente no rescate tiveron que ser trasladados ao Hospital Ribera Povisa de Vigo, onde recibiron asistencia médica por inhalación de fume e gases tóxicos.

O home rescatado foi atendido polos servizos sanitarios e posteriormente trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Tras comprobar a súa identidade, constatouse que sobre el pesaban varias requisitorias xudiciais de detención, entre elas unha orde de detención e ingreso en prisión. Unha vez no Hospital Álvaro Cunqueiro, e garantida a asistencia sanitaria que precisaba, axentes do Corpo Nacional de Policía procederon á súa detención en cumprimento das ordes xudiciais vixentes.

No dispositivo participaron, ademais da Policía Local do Porriño, efectivos de Bombeiros do Baixo Miño, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e Protección Civil do Porriño, que interviron na atención e resolución da emerxencia.

O incendio afectou especialmente a unha das habitacións da vivenda, mentres que o fume se propagou polo resto do inmoble.

O alcalde do Porriño felicitou aos axentes da Policía Local que conseguiron acceder a vivenda e rescatar ao ocupante que aínda quedaba dentro. “Unha vez máis, os axentes da Policía Local do Porriño demostran o seu valor e bo facer”.

A actuación conxunta dos servizos de emerxencia permitiu rescatar con vida o ocupante, nunha intervención desenvolvida en condicións de especial

Comparte este artigo