Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Ernesto Filgueira espera que Cubela cumpra a súa palabra e poña os...

Ernesto Filgueira espera que Cubela cumpra a súa palabra e poña os recursos municipais necesarios para impedir a construción do parque eólico dos Cotos

- Anuncio -

O BNG vén de presentar unha moción para que o Concello de Cerdedo-Cotobade rexeite a
instalación do Parque Eólico dos Cotos.

Este Parque Eólico supón unha ameaza directa desde o ponto de vista ambiental, patrimonial, etc. e compromete o futuro económico da parroquias de Borela, Rebordelo, Carballedo, Loureiro e Viascón afectando indirectamente outras parroquias limítrofes como Aguasantas pola proximidade dos aeroxeradores. Esta situación sobrevida está a provocar unha alarma social manifestada pola veciñanza de xeito individual ou colectivo que se están a mobilizar contra o P.E. dos Cotos polas consecuencias negativas que a todos os niveis supón a súa instalación. Ernesto Filgueira lembrou que o propio Alcalde de Cerdedo-Cotobade “manifestou públicamente a sua oposición á instalación do parque na asemblea veciñal celebrada no pavillón de Carballedo o pasado 27 de xuño”.

Na moción, Ernesto Filgueira solicita:
• Un posicionamento institucional firme contra a instalación do P.E. Dos Cotos

• Que se comunique públicamente o contido da exposición pública no antigo Concello de
Cotobade en 2013 do proxecto orixinal promovido pola empresa Tiraventos S.L.

• Que fagan as xestións necesarias ante a Xunta de Galiza e ante a empresa para obter toda a información sobre as modificacións do proxecto orixinal a respeito do número e dimensión dos aeroxeradores, potencia por aeroxerador e potencia total a instalar, dimensión e posición da superficie da poligonal, instalación de estacións e subestacións, liñas de evacuación, posíbeis modificación da afectación medioambiental, etc.

• Que o Concello se comprometa custear todos os gastos de honorarios de asistencia jurídica e procuradores/as necesarios para apresentar canta demanda sexa necesaria para impedir a instalación do PE Dos Cotos.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas