- Esta transferencia permitirá executar obras clave de saneamento, seguridade viaria e a humanización ata a rúa Antonio Palacios
- O acordo aprobouse no pleno ordinario deste luns
Tras anos de traballo e xestión, o Concello do Porriño vén de conseguir que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana lle traspase a titularidade da N-120 ao seu paso por Cans o que posibilitará ao Gobeno Municipal actuar nunha estrada que atravesa o centro da parroquia e que presenta importantes deficiencias en materia de seguridade viaria.
Trátase do treito comprendido entre o P.K.651+200, no límite con Ponteareas, e o P.K. 653+400 que agora pasará a ser municipal. Son algo máis de dous quilómetros, unha cesión que fora solicitada formalmente xa en febreiro de 2023 e ratificada polo Pleno municipal este mesmo ano ante a falta de resposta inicial da Administración central.
Logo de máis de tres anos e diversas xestións coa Demarcación de Carreteras, o alcalde do Porriño conseguiu que o Goberno Central aceptase esta proposta de transferencia de titularidade.
Que este vial pase a ter titularidade municipal permitirá, explica Alejandro Lorenzo, acometer actuacións necesarias para mellorar os servizos básicos e a calidade de vida da veciñanza de Cans, poderanse executar actuacións prioritarias para a seguridade viaria como a construción de beirarrúas, a creación de pasos peonís ou a mellora da iluminación pública, medidas fundamentais para garantir un tránsito seguro nunha vía cun elevado nivel de tráfico.
Ademais, permitirá axilizar as autorizacións e coordinar mellor as obras de saneamento. Son proxectos que xa están redactados: na Graña e Sequeiras, por valor de 742.000 euros, e nos Eidos, un proxecto que ascende a 128.000 euros.
“´É unha boa nova para todas e todos os veciños de Cans e para todos os que circulan pola N-120, que o tramo sexa do Concello do Porriño permitiranos actuar nesta vía durante tanto tempo esquecida, vai ser fundamental para o desenvolvemento da zona”
Este treito precisamente é a continuidade da rúa Antonio Palacios, un espazo que o Concello proxecta humanizar coa creación dun carril bici, entre outras actuacións.
O acordo de cesión foi ratificado este mércores polo pleno do Concello do Porriño.
“Seguimos mellorando a seguridade via das nosas parroquias, seguimos traballando por un Porriño mellor”, asegurou o alcalde.

