O Porriño prepárase para un intenso Recristo con Tes Talento? e o festival Montando o Cristo como grandes protagonistas

Redacción

O Porriño encara este fin de semana a segunda parte das súas festas patronais,  o “Recristo” con moitos pratos fortes e un exquisito: os callos. Eso será o domingo en 33 establecementos da vila e a un prezo de oito euros, pero antes chegarán tres días de intensa programación entre o venres 2 e o domingo 4 de outubro,cunha intensa axenda cultural, musical e gastronómica pensada para todos os públicos, na que destacan de xeito especial o certame de novos valores Tes Talento? e a XII edición do Montando o Cristo Festival.

No caso de Tes Talento, participan este ano 26  que deberán pasar unha semifinal o sábado, con público e un riguroso xurado composto por Lara Rodríguez,de Broken Peach; – Raúl Ben, productor musical porriñés;  Iván Márquez Carballo, profesor de teatro musical,  Domingo Lorenzo Varela, Mingos, músico e compositor. Será na praza 8M.  O domingo virá a final e tamén a final infantil con nove grupos de nenos.

Tamén este mesmo venres a música ven da man dos rapacesde Xeracion M e King Kids:  Con só entre 11 e 13 anos, Javier, Mateo, Raúl, Antón, Javi e Fabio forman unha banda que sorprende pola súa enerxía, talento e madurez sobre o escenario. Levan xa dous anos actuando en directo e, malia a súa xuventude, demostran unhas táboas e unha seguridade propias de músicos con moita máis experiencia.

O grupo nace na escola de música da que todos forman parte desde pequenos, inspirado por King Kids, unha banda na que se vían reflectidos e que os animou a dar os seus primeiros pasos xuntos.

Será ás 21:00 horas na Praza Antonio I. Paz Valverde coas propostas musicais infantís de Xeración M e King Kids, mentres que a primeira grande noite de festa pecharase ás 22:30 horas na Praza Central coa verbena amenizada pola orquestra Los Players. Antes,   ás 19:30 horas na Praza Arq. Antonio Palacios temos o concerto da Orquestra de Cámara Galega. A programación continuará

O sábado 3 a  animación de rúa chega xa pola mañá  e os obradoiros infantís encherán as rúas e a Praza Antonio I. Paz Valverde pola tarde. Ás 19:00 horas, a Praza 8 de Marzo acollerá a semifinal do concurso Tes Talento?, onde os novos valores locais buscarán un oco na gran final. Máis tarde, a música en directo multiplicarase en varios puntos da vila: mentres a Praza Arq. Antonio Palacios (21:00 h) e a Praza Central (22:30 h) vibrarán con La Banda de Ayer e a Orquestra Hugo Band, a Praza de San Sebastián acollerá ás 21:30 horas a XII edición do Montando o Cristo Festival, que reunirá sobre o escenario os potentes directos de Hongo, In We Fall, The Pretty Shirts e Malkeda.

O domingo 4 completará a oferta festiva dende primeira hora do día. A xornada comezará ás 09:00 horas coa ruta ciclista do “Día do Ciclismo” con saída dende a Praza Arq. Antonio Palacios, seguida de sesións de DJ polas rúas da vila entre as 11:00 e as 15:00 horas. A partir das 12:00 horas, a hostalaría local celebrará a XXXIII Edición da Festa dos Callos, organizada por Ahospor coa colaboración do Concello do Porriño.

Polas tardes, os máis pequenos contarán con novos obradoiros na Praza Antonio I. Paz Valverde (de 17:00 a 20:00 h) e animación de rúa (de 17:30 a 19:30 h). Ás 17:00 horas chegará outro dos pratos fortes na Praza 8 de Marzo coa disputa da gran final do certame Tes Talento?, tanto na categoría infantil como na de adultos. A música tradicional terá o seu espazo ás 19:00 horas na Praza do Cristo co concerto das bandas de música de Xinzo e Popular de Tui, e o broche de ouro ao Recristo porano ás 21:00 horas a orquestra El Combo Dominicano na Avenida Antonio Palacios.

Toda  a programación está en www.ecultura.net

Comparte este artigo