- 66 persoas acadaron xa un traballo de longa duración tras pasar por algunha das formacións ofertadas e agárdase que sexan máis xa que aínda están en marcha algúns cursos
O Concello do Porriño clausurou con excelentes resultados unha nova edición do Programa Integrado de Emprego (PIE), unha iniciativa orientada á mellora da empregabilidade e á inserción laboral no municipio.
Cun balance sumamente positivo, o programa contou coa participación de 120 persoas, das cales 66 xa se atopan traballando e outras aínda cursando algunha das formacións, ou agardando por entrevistas de traballo, así que se agarda que esta cifra continúe crecendo. Este logro supera amplamente os obxectivos de inserción fixados pola Xunta de Galicia, reafirmando a eficacia das políticas activas de emprego impulsadas polo concello en colaboración coa administración autonómica.
Ademais, malia clausura oficial do programa, o alumnado contará proximamente cun curso adicional de manexo de carretillas elevadoras e un obradoiro de busca activa de emprego impulsado con Intelixencia Artificial.
O PIE, financiado conxuntamente pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia (80 %) e o Concello do Porriño (20 %), contou cun investimento total de 275.000 euros. Ao longo dos seus 12 meses de duración, as persoas participantes beneficiáronse de itinerarios personalizados que combinaron orientación individualizada, técnicas de coaching, intelixencia emocional, obradoiros sociolaborais e prospección empresarial.
Participaron nel persoas de todas as idades dende os 18 aos 60 anos .
“Levo facendo cursos dende febreiro ata agora”, explica un dos alumnos. No seu caso fainos para “intentar mellorar nun emprego con máis calificicación” , mentras outra cóntanos que leva meses trallando xa para unha empresa, logo de rematar e abril un curso de soldadura: “agora soldo as farolas que están poñendo en Vigo, en Avenida de Madrid , sento que en parte esa obra é miña”
O alcalde, Alejandro Lorenzo asgura que “ o Concello seguirá traballando para formar as persoas que o precisan”, engadindo que “somos un concello industrial, un concello que xera emprego e tamén un concello de emprendedores e emprendedoras”
Xunto a delegada da Xunta, Ana Ortiz, que destacou a importancia deste tipo de formacións, o alcalde fixo entrega dos seus diplomas as persoas que participaron neste programa. Xunto a eles, o xefe territorial de Emprego en Pontevedra, José Antonio Rodríguez Fachado e a concelleira de Emprego, Teresa Veloso, que agradeceu a todas as persoas implicadas nestas formacións dende o equipo técnico ata os propios alumnos e alumnas.
Unha completa oferta formativa adaptada ao mercado laboral
Durante o desenvolvemento do programa impartiuse unha ampla variedade de accións formativas axustadas ás demandas reais do tecido empresarial. Houbo itinerarios formativos específicos en Atención ao cliente (vendas, merchandising, fidelización), Loxística e almacén (xestión de compras, control de stock, cadea loxística), Soldadura e certificación, e Limpeza industrial.
Tamén formación tecnolóxica, con materias como robótica e automatización, programación por control numérico computerizado (CNC) e xestión de CRM.Tamén formación en prevención de Riscos Laborais ou Informática e Intelixencia Artificial.
Ademais impartiuse formacióntransversal e habilidades sociolaborais: Manipulación de alimentos, obradoiros de carta de presentación e preparación de entrevistas de traballo, habilidades de comunicación e igualdade de oportunidades.

