Home O Salnés O Grove O Concello do Grove recibe na Oficina de Turismo a máis visitantes...

O Concello do Grove recibe na Oficina de Turismo a máis visitantes ca no mes de xullo de 2018 e 2019

- Anuncio -

A Oficina de Turismo recibe no mes de xullo a máis de 4.500 visitantes.

A Oficina de Turismo do Grove atendeu neste mes de xullo 1.628 consultas presenciais, o que supón un total de 4.557 visitantes recibidos. Estes datos superan as cifras acadadas no mes de xullo do ano pasado, pero tamén son superiores aos rexistrados nos meses de xullo de 2018 e 2019, cando se contabilizaron 4.054 e 4.174 visitas respectivamente. Este aumento no número de visitantes resulta considerable dado a que tivo lugar a pesar das limitacións actuais, as cales restrinxen a atención presencial na oficina a unha consulta de cada vez e non podendo atender a máis dunha familia dentro da oficina ao mesmo tempo, debido ao tamaño das instalacións.

En canto á procedencia, por comunidades a de Madrid resulta ser o principal mercado emisor, seguida de Castela e León, País Vasco e Andalucía. Sen embargo, se se toman como referencia as provincias, Madrid estaría seguida de Biscaia, Barcelona e Navarra.

Por outra banda, cabe subliñar o grande número de turistas que se aloxan en apartamento, chegando as cifras case a igualar a aqueles que se aloxan en hotel.

Relacionadas

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

Publicacións Relacionadas