Home O Salnés O Grove Utilización axeitada do punto limpo e horario do lixo

Utilización axeitada do punto limpo e horario do lixo

- Anuncio -

O concello do Grove apela ao civismo da cidadanía. Solicita a súa colaboración á hora de utilizar os contedores

Desde o concello lémbrase que segundo a Ordenanza de Limpeza e Medio Ambiente: “queda terminantemente prohibido depositar lixo fóra dos contedores e, deixar mobles, electrodomésticos, colchóns, voluminosos… na vía pública”. De igual maneira, é preciso subiñar que existe un horario para botar o lixo entre as 20:00 horas e as 23:00 horas no inverno e de 21:00 -23:00 horas no verán, polo que fora dese horario estase incumprindo as normativas municipal producindo perxuicios innecesarios a todos os habitantes da zona en cuestión.

O día 29 de xullo denunciouse a tres persoas na illa da Toxa por deixar lixo na vía pública. Dita actividade está sancionada con 300 € de multa.
O feito de deixar estas bolsas na vía pública pode atraer a certos animais non desexados, afecta á saúde pública e favorece á dispersión nas nosas rúas de elementos relacionados co Covid-19 como son as máscaras. Esta problemática afecta tanto a residentes coma visitantes.

Recordar que calquera tipo de residuo voluminoso hai que depositalo no Punto Limpo que se atopa na Zapateira ou chamando ao número de teléfono 900.72.01.90 para unha recollida a domicilio totalmente gratuíta. No caso do Punto limpo o horario é de luns a venres de 17:00-21:00 e os sábados de 10:00-14:00 e de 16:00-20:00 horas. Unha vez mais apelamos a concienciación cidadá para que se depositen os residuos no seus colectores correspondentes creando unha imaxe adecuada do lugar e da cidadanía que alí vive. Por elo, agradecemos a colaboración por manter en perfectas condicións de salubridade o entorno no que vivimos.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas