A Policía Local do Concello de Ourense informa de que, con motivo das obras de mellora na estrada Nacional 120, que está a executar o Ministerio de Transportes, durante a xornada de mañá, mércores 7 de outubro, permanecerá pechado ao tráfico o ramal de enlace situado entre a cafetería Rías Baixas e as Torres do Pino.

