Fabiola García felicita ao sector audiovisual galego polo seu compromiso coa igualdade de xénero e co talento feminino

Redacción
  • Aposta por poñer en valor o traballo das profesionais do sector, “poñendo o foco nos eidos nos que as mulleres aínda teñen menos representación”
  • Lembra o compromiso da Xunta con impulsar o coñecemento e difusión de referentes para as novas xeracións

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, felicitou esta tarde ao sector audiovisual galego polo seu compromiso coa igualdade de xénero e co talento feminino. Así o sinalou durante a VI gala Mulleres no Foco, organizada pola Deputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA), e á que tamén asistiu o delegado da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández.

Durante a súa intervención, Fabiola García enxalzou o labor das tres premiadas e do resto de participantes e apostou por “facer visible o talento feminino, por recoñecelo e darlle o lugar que merece”. Neste sentido, destacou que a importancia deste talento feminino, que definiu como “motor de crecemento e de produtividade do sector audiovisual”.

Fabiola García fixo fincapé na importancia de poñer en valor o traballo das profesionais do sector, “poñendo o foco nos eidos nos que aínda as mulleres teñen menos representación”. Ademais, lembrou a aposta da Xunta por impulsar o coñecemento e difusión de referentes para as novas xeracións e asegurou que “a igualdade de xénero non só beneficia ás mulleres, senón que fortalece a toda a sociedade galega”

Comparte este artigo