Pepa Pardo denuncia a “desfachatez” de Carmela Silva e lembra que a Xunta é a única  administración que está a construír vivenda, con máis de 4.600 inmobles  en marcha

Redacción
  • O Partido Popular de Pontevedra respondeu con contundencia aos ataques de Carmela Silva, á que acusan de lanzar falsidades para tapar a total inacción en materia de vivenda do Goberno central e os escándalos de corrupción que salpican directamente o seu contorno político.
  • “É comprensible que Carmela Silva tente desviar o foco coa vivenda, xa que é publicamente coñecida como a gran valedora e ‘mellor amiga’ de Leire Díez na provincia de Pontevedra”, censurou.
  • A popular precisou que o balance do PSOE resúmese en “vender fume” mentres os mozos e as familias seguen agardando por unhas infraestruturas que só existen nos discursos do presidente do Goberno.

Pepa Pardo denuncia a “desfachatez” de Carmela Silva e lembra que a Xunta é a única administración que está a construír vivenda, con máis de 4.600 inmobles actualmente  en marcha, contrastando a xestión autonómica coas promesas incumpridas do Executivo de Pedro Sánchez.

A popular respondeu con contundencia aos ataques de Carmela Silva, á que acusa de lanzar falsidades para tapar a total inacción en materia de vivenda do Goberno central e os escándalos de corrupción que salpican directamente o seu contorno político.

Desde o PP pontevedrés cualificaron de “vergoñenta desfachatez” que o socialismo pretenda dar leccións de política social cando a realidade das cifras déixaos en evidencia.

O marco da corrupción: “A mellor amiga de Leire”

Do mesmo xeito,  enmarcou as declaracións de Carmela Silva nunha estratexia de distracción para evitar falar da súa propia situación e das súas alianzas dentro do partido. Os populares lembraron que Silva non ten ningunha lexitimidade para erixirse na defensora dos intereses públicos da provincia.

“É comprensible que Carmela Silva tente desviar o foco coa vivenda, xa que é publicamente coñecida como a gran valedora e ‘mellor amiga’ de Leire Díez na provincia de Pontevedra”, censurou.

Lembrou tamén o “bochornoso espectáculo institucional” que supuxo o trato de favor e os abrazos na Deputación a quen hoxe está formalmente investigada pola Fiscalía por graves delitos de prevaricación, malversación e tráfico de influencias.

“Quen lle puxo a alfombra vermella á fontanaría do PSOE e ás tramas baixo sospeita xudicial non pode pretender agora dar leccións de xestión a unha Xunta que cumpre con feitos e realidades”, conclúiu Pepa Pardo.

Onde están as 185.000 vivendas prometidas?

Pepa Pardo ironizou sobre os sucesivos anuncios de Madrid nos últimos anos: “Onde están as 185.000 novas vivendas que prometeu Pedro Sánchez? Pedímoslle formalmente que nos mande a localización, porque por máis que as buscamos, os galegos non as atopamos por ningunha parte”.

O balance do PSOE resúmese en “vender fume” mentres os mozos e as familias seguen agardando por unhas infraestruturas que só existen nos discursos do presidente do Goberno.

Comparte este artigo