Home Ourense O Pereiro de Aguiar A Deputación e os concellos de San Cibrao e Pereiro crearán un...

A Deputación e os concellos de San Cibrao e Pereiro crearán un consorcio para xestionar a depuración de augas nas áreas empresariais

- Anuncio -

O presidente provincial, Manuel Baltar, e os alcaldes de ambos os dous municipios, Manuel Pedro Fernández e Luis Menor, comprometéronse a constituír este órgano para o correcto reparto de responsabilidades e riscos no funcionamento da estación depuradora de augas residuais (EDAR) instalada en San Cibrao, cuxa responsabilidade recae hoxe en exclusiva neste concello pero que tamén presta servizo ás áreas empresariais de Pereiro

A Deputación de Ourense e os concellos de San Cibrao das Viñas e Pereiro de Aguiar porán en marcha un consorcio local para xestionar o servizo de depuración e control das augas residuais nos polígonos industriais de San Cibrao, Barreiros, Pereiro de Aguiar e no Parque Tecnolóxico de Galicia. Así figura no documento asinado polo presidente provincial, Manuel Baltar, e os alcaldes de ambos os dous municipios, Manuel Pedro Fernández e Luis Menor, no que se comprometen a constituír o citado órgano que terá como finalidade crear un sistema para o correcto reparto de responsabilidades e riscos no funcionamento da estación depuradora de augas residuais (EDAR) instalada en San Cibrao, cuxa responsabilidade recae hoxe en exclusiva neste concello pero que tamén presta servizo ás áreas empresariais de Pereiro. No acto de sinatura tamén estivo presente o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, para manifestar o seu coñecemento do presente acordo.

Manuel Baltar enmarcou esta colaboración “no ámbito da cooperación e no carácter supramunicipal dun servizo de interese xeral para a conservación do ecosistema fluvial do río Barbaña, tanto do seu leito e augas como do entorno inmediato, e por ende para beneficio dos habitantes dos concellos polos que discorre o Barbaña e mesmo o río Miño, que recolle as súas augas”. Unha iniciativa, dixo, “á que a Deputación achegará toda a súa experiencia na xestión do ciclo da auga que presta na actualidade aos concellos, único servizo destas características que presta unha institución provincial en toda Galicia”.

Trala sinatura do documento, Deputación e concellos presentarán ante os seus respectivos órganos de goberno o inicio do expediente de creación do consorcio, nomeando aos membros que integrarán a comisión xestora encargada da redacción dos estatutos, trámites que os asinantes se comprometeron a realizar con toda a celeridade posible. Unha vez constituído este órgano tamén se iniciará un trámite máis diante da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para o cambio de titularidade da EDAR a favor do consorcio e a xestión da depuración e control das augas residuais.

O acordo entre as tres institucións ten como punto de partida a construción, hai vinte anos, dunha estación depuradora no municipio de San Cibrao das Viñas, polo que é este concello ó que dispón da autorización para o vertido de augas no río Barbaña logo da correspondente depuración. Non obstante, e ademais dos polígonos industriais de San Cibrao e Barreiros, a citada EDAR tamén dá servizo desde hai anos ao parque empresarial de Pereiro de Aguiar e ao Parque Tecnolóxico de Galicia. Así, malia prestar un servizo de carácter supramunicipal, sobre San Cibrao recae en exclusiva a responsabilidade administrativa e civil da xestión da estación, cuxa explotación e mantemento está delegada na Deputación de Ourense desde 2017.

O compromiso asinado tamén recoñece que San Cibrao non pode asumir en solitario a responsabilidade económica, o ámbito técnico, a reforma da infraestrutura e garantir o cumprimento dos requisitos para a autorización de vertidos ante as actuais dimensións da estación e o gran número de empresas que verten na EDAR. Precisamente neste contexto, a Confederación Hidrográfica está a tramitar desde 2018 un proxecto para finalizar o saneamento do Barbaña e mellorar as instalacións de depuración, pero que na actualidade está paralizado, sen data coñecida de aprobación e, polo tanto, do inicio das obras. Por este motivo, os asinantes do documento instan ao organismo de conca a que axilice este proxecto.

Relacionadas

A Deputación e Ourense prioriza en 2024 os proxectos sociais de atención a mulleres...

0
O grupo de goberno provincial abordou un redeseño do modelo de convocatorias de axudas da Deputación a proxectos sociais O programa de apoio para mulleres...

O concelleiro de Deportes recibe o Campus Ourense Rugby, que recentemente acadou o título...

0
O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiu esta mañá no Concello o equipo Campus Ourense Rubgy, que acadou recentemente o título de campión da...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao...

0
A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao tráfico desde mañá, martes, 7 de maio, até o venres,...

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e...

0
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide....

A Deputación dedica o seu “8 de maio” á muller artesá, representada por Inés...

0
Inés Rodríguez agradeceu esta iniciativa que “contribúe a dar visibilidade ao traballo da muller no medio rural, especialmente nas profesións culturais e creativas, poñendo...

Publicacións Relacionadas