O Parador de Baiona reunirá o próximo 12 de novembro a familiares de persoas con discapacidade ou enfermidades raras de Baiona, Nigrán, Gondomar e arredores nunha xornada gratuíta de benestar, encontro e apoio mutuo.
A iniciativa, impulsada por Feelant e a Asociación En Modo Formiga, conta coa colaboración dos tres concellos e forma parte dun programa piloto que busca crear unha rede estable de apoio entre familias en Galicia.
Quen coida dun familiar con discapacidade ou unha enfermidade rara tamén necesitan espazos para descansar, compartir as súas preocupacións e sentirse acompañados. Con este propósito, o vindeiro xoves 12 de novembro o Parador de Baiona acollerá o primeiro atopo Anthill da Rede Galega de Coidadores, unha iniciativa impulsada por Feelant Impacto Social e a Asociación En Modo Formiga, coa colaboración dos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar.
A xornada, que se desenvolverá de 9.15 a 13.45 horas, está dirixida a nais, pais, irmáns e outros familiares que asumen tarefas de coidado nestes tres municipios. A participación é gratuíta e conta cun máximo de 30 prazas, polo que é necesario realizar inscrición previa a través da web de Feelant.
O encontro combinará actividades de benestar con dinámicas de conversación e participación. A xornada comezará cun taller de corpo e movemento, seguido dunha pausa para o café e a conversación. Posteriormente, celebrarase un laboratorio en grupos reducidos para compartir experiencias e abordar algunhas das situacións máis habituais na vida das familias coidadoras.
Entre os temas que se tratarán figuran a aceptación e a adaptación, as relacións familiares e sociais, o autocuidado e a dificultade de pedir axuda, a incerteza ante o futuro e as dificultades para conciliar o coidado co traballo e a economía familiar.
La proposta busca crear unha contorna de confianza no que cada participante poida expresarse libremente, atopar experiencias comúns e establecer vínculos con outras familias da súa contorna.
La convocatoria forma parte dun programa piloto desenvolvido en colaboración coa Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social e Igualdade #da Xunta de Galicia, que contempla a celebración de tres encontros Anthill en diferentes territorios galegos.
As familias interesadas en participar no encontro do 12 de novembro poden consultar toda a información e inscribirse gratuitamente a través da web de Feelant:https://feelant.com/eventos-anthillbaiona. As inscricións permanecerán abertas ata o día 10 de novembro ou ata que se completen as prazas dispoñibles.
O comezo dunha rede de apoio no Val Miñor e Galicia
Anthill non pretende ser unha actividade illada, senón o punto de partida dunha comunidade de apoio que poida manterse máis aló de cada xornada. A intención é que as familias participantes continúen en contacto nos seus respectivos municipios, compartan experiencias e poidan apoiarse mutuamente no seu día a día.
A celebración de novos encontros permitirá ampliar progresivamente esta rede, conectar a familias de distintos territorios e consolidar unha comunidade de acompañamento con vocación de continuidade en Galicia.
Sobre Feelant e En modo formiga
Feelant Impacto Social é unha Sociedade de Beneficio e Interese Común (SBIC) con sede en Vigo que impulsa proxectos orientados a xerar un impacto social real e sostible mediante a colaboración entre empresas, entidades sociais, institucións e cidadanía. Entre as súas iniciativas figuran o Feelant Impact Summit e os encontros Anthill.
A Asociación En Modo Formiga é unha entidade sen ánimo de lucro con sede en Vigo que desenvolve iniciativas de acompañamento e participación social xunto a Feelant. A súa filosofía parte da idea de que moitos pequenos esforzos, cando se coordinan, poden xerar cambios significativos e sostibles.

