O concello de Baiona participa en Palco, o primeiro encontro na industria musical que se organiza en Galicia

Redacción

A concelleira de Festexos do Concello de Baiona, Ruth Álvarez González, acode a PALCO, o primeiro encontro da industria musical que se organiza en Galicia.

Impulsado pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e a Xunta de Galicia, a través de Agadic e os Concertos do Xacobeo, reuniu a profesionais dos ámbitos artístico, empresarial, técnico e cultural para analizar a situación do sector e explorar novas vías de colaboración. O encontro tivo como sede principal o Museo Gaiás de la Cidade da Cultura.

Entre os participantes figuran representantes de festivais e promotoras. Tamén asistiron representantes de asociacións profesionais, salas, medios de comunicación e entidades culturais, alén de artistas como Abraham Boba, The Rapants e 9Louro. A programación articúlase en seis áreas: Programación Artística, PALCO Foco, PALCO Lab, PALCO Encontros, PALCO Talleres e PALCO Pitchings.

A concelleira participou en PALCO Lab onde se organizaron seis mesas de traballo sobre contratación pública, circulación musical, profesionalización, coordinación da industria galega e financiamento. Tamén participou en encontros rápidos entre programadores, representantes artísticos e medios, presentacións de proxectos e talleres formativos.

Comparte este artigo