Home Pontevedra A Lama Os veciños de Barcia de Seixo inauguran a rehabilitación dos hórreos da...

Os veciños de Barcia de Seixo inauguran a rehabilitación dos hórreos da Eira dos Vidás, que contou coa colaboración do concello da Lama

- Anuncio -

O presidente da AVV Fonte dos Chaos, José María Cortizo Garrido, salientou o alto valor patrimonial e etnográfico das construcións populares que atesoura esta parroquia lamesa

Os veciños de Barcia de Seixo, convidados pola Asociación de Veciños Fonte dos Chaos, participaron na inauguración oficial da rehabilitación dos hórreos da Eira dos Vidás, levada a cabo por este colectivo veciñal coa colaboración do Concello da Lama.

O presidente da Asociación de Veciños Fonte dos Chaos e un dos principais promotores desta iniciativa, José María Cortizo Garrido, foi o encargado de expoñer ante o alcalde, Jorge Canda, o tenente de alcalde David Carrera e do concelleiro de Cultura e Deportes, Daniel Vidal, o enorme valor patrimonial que atesoura a Eira dos Vidás onde se atopan media ducia de hórreos de diferentes tipoloxías tradicionais galegas así como un cabazo, atopado semienterrado no fondo dunha finca e que foi trasladado ata este lugar e preside este conxunto etnográfico.

O público, que seguiu con atención as explicación do proceloso e complicado labor levado a cabo baixa a supervisión dun arquitecto, Patrimonio e coa participación dun experimentado canteiro tradicional e que deu como resultado a posta en valor dun entorno único e que conforma un espazo arquitectónico, xunto á igrexa e ao cemiterio, incomparable.

O alcalde, Jorge Canda, felicitou a Cortizo e aos propios veciños e comunidade de montes polo traballo realizado e sinalou que a boa conservación da Eira dos Vidás é un motivo de orgullo para todo o municipio e comprometeu a colaboración do Concello neste tipo de iniciativas e na colocación dun panel explicativo que axude a entender ás novas xeracións o que significaban as eiras, os hórreos e os cabazos para a economía familiar dos nosos antergos. Canda salientou este lugar como un dos principais atractivos turísticos e etnográficos do municipio e comprometeuse a seguir apoiando e apostando por todo tipo de investimentos que “vaian orientados a conservar o noso rico patrimonio, único no seu xénero e que tanto nos enche de orgullo e nos motiva para conservar e poñer en valor”.

No mesmo sentido se pronunciou o concelleiro de Cultura e Deportes, Daniel Vidal, quen amosou grande interese polo cabazo que preside e forma parte desta Eira dos Vidás, recén reconstruído pola participación veciñal seguindo as vellas tradicións e os modelos construtivos da época.

Finalmente, o tenente de alcalde David Carrera, comentou cos veciños presentes, unha vez rematado o acto oficial, a boa disposición do Concello a seguir colaborando cos veciños naquelas cousas que se fan desde o cariño pola terra e polo mundo rural “dentro das nosas limitacións e na obriga de atender a máis de 90 núcleos habitados no noso municipio, pero desde logo co compromiso claro de futuro de que o Concello sempre estará aí, ao carón dos veciños nos seus proxectos e na resolución das súas necesidades”, concluíu Carrera.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas