O Concello de Baiona abre o prazo para solicitar participar no programa Conciliación Nadal 2026, desde o venres 13 de novembro ata o luns 23 de novembro ambos os incluídos.
As bases que rexen a convocatoria poden descargarse da páxina web, do taboleiro de anuncios virtual na sede electrónica do Concello, ou recollelas no rexistro.
Ademais poden solicitarse na dirección electrónica cim@baiona.gal.

