Home Pontevedra Caldas Os Populares de Caldas de Reis e de Catoira esiximos a Deputación...

Os Populares de Caldas de Reis e de Catoira esiximos a Deputación de Pontevedra, a súa Presidenta e o Ministerio de Fomento o cumprimento dos compromisos asumidos de mellora da seguridade viaria de conectividade da estrada provincial Caldas de Reis-Catoira EP8001

- Anuncio -

Fernando Pérez considera que “A seguridade dos condutores debe ser prioritaria con feitos e non palabrería nunha estrada cualificada como das mais perigosas de Galicia e na que a Deputación de Pontevedra mira cara outro lado en lugar de actuar urxentemente”

“A Presidenta da Deputación comprometeuse persoalmente o 27/9/2017, en visita a esta estrada, a construír unha rotonda para mellorar o enlace de este vieiro ca AP9, e 4 anos despois seguimos sen saber nada”.

Ivan Caamaño indica que “Os accidentes son continuos, recentemente faleceu un garda civil de Tráfico e nestes últimos días Protección Civil de Catoira tivo que actuar varias veces, estamos a falar dun punto negro en Galicia con un tramo de 4,5 Km de concentración de accidentes sinalizado”.

Todos os concelleiros dos grupos municipais de Catoira e Caldas de Reis veñen tamén a reiterar a demanda de completar o nudo da AP9 en Carracedo que conecta con esta estrada.

“Hoxe presentamos unha moción para que o Pleno de Caldas de Reis e de Catoira tomen consideración sobre esta situación, e tratando de buscar solucións urxentes de futuro”

Os Populares de Caldas de Reis e Catoira queren reiterar que é necesaria unha actuación urxente de mellora nesta estrada que xa arrastra un retraso considerable e que non pode esperar mais, así como o cumprimento dos compromisos asumidos pola Deputación de Pontevedra é, en concreto, pola súa Presidenta en visita persoal.

Caldas de Reis e Catoira non poden ser concellos cómplices de que a Deputación de Pontevedra sexa titular dunha estrada con un tramo de 4,5 kilómetros de concentración de accidentes e por elo, dun punto negro coñecido en toda Galicia, a Deputación non se pode por de perfil neste tema, ten a obriga de actuar xa, non se pode dicir nos periódicos que a súa prioridade e a seguridade dos cidadáns nas estradas e vías e logo se propietaria dunha estrada na que, desgraciadamente, ocorren graves accidentes todos os días.

Ademais en setembro de 2017, fai agora 4 anos, a Presidente en visita persoal a estra estrada comprometeuse a construcción dunha rotonda no entronque ca AP9 e a día de hoxe seguimos igual, cun cruce perigoso e sen unha rotonda fundamental para os veciños e para varias industrias moi importantes. Os compromisos teñen que cumprirse.

No ano 2019 Ivan Caamaño e Fernando Pérez reclamamos que o Ministerio de Fomento completase o nudo da AP9 en Carracedo, conectado con esta estrada da Deputación, porque é fundamental para Caldas de Reis e Catoira e moitos outros concellos da zona, e a día de hoxe, pese a ser unha demanda aprobada incluso polo Pleno de Caldas de Reis por unanimidade, segue sen poñerse en marcha, e por elo toca esixir que se complete este enlace xa.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas