Home Pontevedra Baixo Miño O Concello de Oia organiza reunións veciñais para dar a coñecer o...

O Concello de Oia organiza reunións veciñais para dar a coñecer o borrador do PXOM

- Anuncio -

O Concello de Oia desenvolverá, durante a última semana de setembro e a primeira de outubro, unha rolda de xuntanzas para presentar á veciñanza o Documento Inicial Estratéxico e borrador do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O obxectivo destas reunións é dar a coñecer o contido do documento elaborado polo equipo redactor e explicar as liñas xerais que recolle o documento.

Por outra banda, o vindeiro martes o equipo redactor reunirase con todos os grupos políticos que queiran asistir, a unha nova xuntanza, para definir cuestións que quedaran pendentes pola súa complexidade, para posteriormente trasladarlle a veciñanza o marco urbanístico e o contido deste documento inicial. Esta reunión dá continuidade ás xa levadas a cabo durante este último ano con todos os grupos políticos, onde todos puideron facer as súas aportacións.

A alcaldesa, Cristina Correa, destaca a importancia de que toda a Corporación siga a participar en todas as fases do documento, sendo construtivos como até o de agora.

As reunións desenvolveranse nas 6 parroquias do municipio en horario de tarde. As datas e horarios concretos serán publicados o martes da vindeira semana nos taboleiros de anuncios das distintas parroquias e na web do Concello. Por cuestións de aforo con motivo da COVID-19, as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente no Concello, chamando ao teléfono 986.36.21.25.

A alcaldesa traslada que se trata dun borrador, e que o paso que corresponde agora é facer a Avaliación Ambiental Estratéxica. Posteriormente, cando se reciba o documento cos informes sectoriais correspondentes, é cando se adaptará o documento a ditos informes e se levaría a aprobación inicial. Sería nesta fase cando se abrirá prazo para presentar alegacións. De todas estas fases irase informando á veciñanza.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas