Turismo de Galicia estreita os vínculos co Consulado de Reino Unido para reforzar a promoción do destino no mercado británico

Redacción

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo unha reunión coa directora de Servizos Consulares do Reino Unido para España, Lucy Gorman, e o vicecónsul do Reino Unido en Madrid e responsable da asistencia consular nesta zona, David Calvete, responsables do Consulado do Reino Unido en España. O encontro, celebrado no marco da visita institucional destes representantes a Galicia, permitiu estreitar as relacións entre ambas institucións e avanzar nas posibles vías de colaboración.

O Reino Unido constitúe un mercado estratéxico para o turismo galego, sendo o cuarto emisor internacional de visitantes a Galicia, con máis de 130.000 viaxeiros en 2025. Este tipo de encontros enmárcanse na estratexia de promoción exterior de Galicia, orientada a reforzar o posicionamento do destino nos mercados internacionais.

Comparte este artigo