A Xunta analiza con representantes dos traballadores autónomos e das pequenas empresas vías de colaboración para aproveitar as oportunidades que ofrece o modelo de economía circular.
O conselleiro de Medio Ambiente e Cambio Climático, Nicolás Vázquez Iglesias, mantivo esta mañá sendas reunións co presidente da Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia, José Ramón Caldas; e co presidente da Asociación de Traballadores Autónomos de Galicia, Rafael Granados.
Estes encontros enmárcanse na rolda de contactos que o conselleiro está a manter con representantes dos traballadores por conta propia para abordar as posibilidades que ofrece o actual contexto de economía circular. De feito, o conselleiro salientou a importancia deste colectivo como peza clave no eido medioambiental.
Ademais, durante as xuntanzas tamén se abordou a importancia de avanzar na redución dos biorresiduos no sector da hostalería así como da xestión doutras fraccións de refugallos entre os pequenos negocios e os profesionais autónomos.
Así mesmo, Nicolás Vázquez salientou a aposta da Xunta por apoiar a todos os sectores no actual proceso de transición cara a un modelo máis circular e para acadar a compatibilidade entre un desenvolvemento económico sostible e a imprescindible protección e coidado do medio ambiente.
A Xunta aborda con representantes dos autónomos e das pequenas empresas vías de colaboración en materia de economía circular e xestión de residuos

