Home Baixo Miño A Guarda A 15k do Atlántico regresa este domingo

A 15k do Atlántico regresa este domingo

- Anuncio -

• Un total de 600 participantes na carreira e 100 persoas na andaina percorrerán os 15 quilómetros entre Oia e A Guarda.

• O reto solidario de Banco Mediolanum permitirá recadar fondos para a Asociación Bicos de Papel.

A VIII 15K do Atlántico Banco Mediolanum, que terá lugar o próximo domingo con saída en Oia e chegada na Guarda co paso polo Rosal, entra nunha nova dimensión e da un empuxón máis para o “regreso á nova normalidade deportiva”. “O deporte é saúde”, coincidiron en firmar todos os presentes no acto de presentación da proba deportiva na mañá deste martes no Porto da Guarda. Serán, como é habitual, 15 quilómetros de percorrido. Ademais, organizouse unha andaina na que poderán participar 100 persoas. Doarase un euro por cada inscrito para a Asociación Bicos de Papel, a través do proxecto solidario de Banco Mediolanum. Ademais, abriuse un reto solidario na plataforma “Mi Grano de Arena” para sumar máis doazóns.

Serán 600 os participantes e aínda queda algunha praza libre. A saída terá lugar ás 11 da mañá e o protocolo sanitario que se aplicará será o de facer saídas separadas no tempo. Realizaranse en grupos e cun intervalo de 30 segundos entre eles. Serafín Martínez, director deportivo da proba, sinalou que “esta carreira está consolidada e iso é moi importante. Chegar á oitava edición non é doado e é vital o apoio que se recibe, tanto de dos deportistas como dos patrocinadores”. Tamén desvelou que o percorrido tradicional sufrirá unha lixeira modificación no tramo inicial.

As institucións públicas tamén apostaron pola 15K Atlántico Banco Mediolanum, tal e como fixeron dende a primeira edición. Cristina Correa, alcaldesa de Oia, resaltou que “a saída será nun escenario único: un mosteiro ao carón do mar. Isto xa convirte a proba en moi especial para nos”. Pola súa parte, Anxela Fernández, alcaldesa do Rosal, insistiu que “esta proba é unha gran experiencia deportiva cunha zona con parte de costa”. Pola súa parte, Antonio Lomba, alcalde da Guarda, insistiu en que “é un día para gozar e é un novo paso máis para o regreso á normalidade”.

Ivonne Pousa, manager territorial da zona norte de Banco Mediolanum, recordou os inicios da proba, cando se realizou un gran esforzo para sacala adiante: “Foi un esforzo moi importante, pero mereceu moito a pena. A filosofía mantense vixente e ademais trasladouse a outras competicións similares noutros lugares de Galicia”. Nesta edición, a través do proxecto solidario Mediolanum Aproxima, colaborarase con Bicos de Papel, asociación que axuda aos nenos oncolóxicos co fin de apoialos e axudarlles na súa reinserción escolar. Ademais, a Delegación da Fundación Mediolanum duplicará as doazóns acadadas, entre 2.000€ y 5.000€.

A VIII Atlántico Banco Mediolanum, que conta co apoio dos concellos polos que transcorre a proba, da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra e Froiz, tamén ten coma un dos seus obxectivos a promoción do Camiño Portugués pola Costa, un gran atractivo turístico. Os 600 atletas farán o percorrido polos espectaculares escenarios nunha proba xa considerada como emblemática.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas