Home Pontevedra O pleno do Concello de Salceda completa o paquete de medidas para...

O pleno do Concello de Salceda completa o paquete de medidas para paliar os efectos da subida do IBI.

- Anuncio -

O Pleno da Corporación Municipal de Salceda de Caselas ven de aprobar por unanimidade a proposta do goberno local de novas medidas fiscais encamiñadas a paliar os perxuizos económicos para a veciñanza derivados do proceso simplificado de valoración colectiva levado a cabo pola Dirección Xeral de Catastro no Concello.

Estas novas medidas consisten na modificación da Ordenanza Fiscal nº21, reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles, onde se contemplan bonificacións e exencións.

En concreto, serían bonificacións dun 90% sobre a cota íntegra do imposto nas parcelas que non teñen a superficie mínima para edificar, é dicir as de menos de 450 metros cadrados, e nas parcelas que non cumpren os parámetros urbanísticos por inedificabilidade temporal. A aplicación desta bonificación levarase a cabo a petición do titular do inmoble e debe ser solicitado anualmente.

Ademais aprobouse a exención naqueles recibos nos que resulte unha cota líquida inferior a 7 euros, que xunto coa bonificación anterior fará que moitos destes inmobles non teñan que aboar o imposto.

Estamos ante a aprobación da maior bonificación da ordenanza do IBI da historia do Concello e de todos os Concellos da contorna, que dará cabida a milleiros de parcelas que se atopan en situación de inedificabilidade pero dentro de núcleo, e que dende sempre consideramos que se producían as situacións mais inxustas.

Estas medidas únense as xa tomadas pola corporación municipal, como a creación dunha oficina de atención e asesoramento no propio concello, a solicitude para que o ORAL dosificase os recibos dos catro anos de retroactividade, a ampliación de prazos nas xestións con catastro e a rebaixa do tipo impositivo ao mínimo legal pasando dun 0,5€% ao 0,4%
Estas medidas fiscais van a ter un importante impacto nas contas municipais, pero ante un procedemento desta magnitude o equipo de goberno demostra unha vez máis estar ao lado da veciñanza aportando solucións.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas