Home A Coruña O Concello de Padrón alerta á veciñanza fronte as fraudes telefónicas e...

O Concello de Padrón alerta á veciñanza fronte as fraudes telefónicas e lembra que non debe facilitar ningunha información persoal nin bancaria a través do teléfono

- Anuncio -

Unha veciña da localidade foi vítima dun caso de “vishing”, un fraude a través dunha chamada telefónica no que perdeu máis de 5.000 euros

O Concello de Padrón alerta á veciñanza fronte as fraudes telefónicas e lembra que non se debe facilitar ningunha información persoal nin bancaria a través do teléfono. Unha alerta motivada diante da confirmación dun caso de “vishing” no municipio, unha fraude cometida a través dunha chamada telefónica na que as persoas estafadoras conseguiron os datos bancarios e persoais dunha veciña de Padrón e lle levaron máis de 5.000 euros da súa conta.

O “Vishing” é unha estafa baseada en comunicacións telefónicas ou mensaxes de voz que suplantan a identidade dunha empresa ou persoa de confianza. No caso de Padrón, os estafadores fixéronse pasar por empregados de Abanca e lle reclamaron os datos á persoa estafada para desistir nunha suposta compra realizada por Internet. Aproveitándose do nerviosismo da persoa, fixéronse con datos clave para proceder a roubarlle os máis de 5.000 euros que tiña na conta.

Por iso, dende o Concello de Padrón lembran que nin as entidades bancarias, nin as compañías eléctricas, nin o propio Concello solicitarán ningunha información persoal nin bancaria a través de teléfono, especialmente as claves únicas que a persoa recibe por SMS. Así mesmo, recomenda que, diante dunha chamada de alerta sobre unha fraude, o mellor que se pode facer é poñerse en contacto coa entidade a través doutro medio para verificar a veracidade da información ou facelo en persoa.

Finalmente, o Concello de Padrón insta a aquelas persoas que sospeitan que puideron ser vítimas de vishing a que presenten denuncia da estafa diante da Policía Nacional, a Garda Civil ou o xulgado.

Relacionadas

Máis de 1.200 fotógrafos e fotógrafas participaron nas 26 edicións do Certame Fotográfico Xosé...

0
Entregados a Mónica Vila Ferreirós, Antonio Gutiérrez Pereira, José Manuel Pérez Pena e Mª Goretty Vázquez Rodríguez os premios da edición 26ª28/04/2024.  Mónica Vila Ferreirós,...

O Concello subvenciona con 90.000 euros melloras na accesibilidade en tres bloques residenciais da...

0
As achegas municipais permitirán financiar ata o 50% das obras previstas polos veciños e veciñas dos edificios das rúas Almirante Mourelle, Palomar e Barcelona O...

Os XI Premios Juan Mayorga fixeron da Coruña a capital do teatro afeccionado

0
O concelleiro Gonzalo Castro, destacou a importancia das artes escénicas na programación cultural da cidade O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade,...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

Publicacións Relacionadas