Home Deputacións Deputación Pontevedra "Lebres como Gacelas" une poesía e fotografía en homenaxe e Xela Arias...

“Lebres como Gacelas” une poesía e fotografía en homenaxe e Xela Arias na Sede da Deputación en Vigo

- Anuncio -

A mostra, na que sete autoras referentes galegas participan con 21 poemas inspirados noutras tantas fotografías de Eva Díez e Fran Herbello, enmárcase nas actividades das Letras Galegas e poderá visitarse ata o 28 de novembro

Palabra e imaxe, poesía e fotografía, dialogan en homenaxe a Xela Arias na nova exposición que a Deputación de Pontevedra organiza na súa sede de Vigo no marco da celebración das Letras Galegas. “Lebres coma Gacelas”, que reúne 21 poemas asociados a 21 imaxes fotográficas, toma como referencia o libro de Xela “Tigres coma cabalos”, onde a autora homenaxeada confrontaba cada un dos seus poemas con imaxes do fotógrafo Xulio Gil. Deste xeito, nesta nova proposta da Deputación son sete mulleres da escrita galega, Tamara Andrés, Alba Cid, Lorena Conde, Lara Dopazo, Miriam Ferradáns, Olga Novo e Antía Otero, as que amosan as súas obras poéticas creadas expresamente para a mostra e inspiradas nas imaxes dos tamén artistas referentes Eva Díez e Fran Herbello.

Dous das autoras, Tamara Andrés e Miriam Ferradáns, participaron este luns no acto de inauguración na sala Rosalía de Castro da sede provincial en Vigo para falar do seu proceso de creación neste proxecto. Protagonizaron así mesmo un recital con varios poemas da súa autoría, algúns presentes na exposición, nun evento que estivo amenizado coa actuación da violinista viguesa Emma Ramonet e que contou tamén coa intervención da fotógrafa Eva Díez. Tanto estas poetas como as restantes participantes crearon as súas pezas para a mostra (tres cada unha) inspiradas polas imaxes de Eva Díez e Fran Herbello, que retratan o corpo e a contorna cunha ollada fixa na realidade máis inmediata. Temas como a arquitectura, especialmente relacionada coa paisaxe, están moi presentes nas distintas obras presentadas na mostra, así como a pegada do corpo humano na vivenda e nas citadas paisaxes.

A mostra, comisariada e coordinada polo Servizo de Cultura da institución provincial e que poderá visitarse ata o 28 de novembro, é un proxecto multidisciplinar que toma como inspiración o título da obra de Xela Arias, pero coa escolla de dous nomes de animais en feminino cunha clara declaración de intencións, reforzada ademais pola asociación simbólica que estes teñen coa intelixencia, coa axilidade e coa liberdade.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas