Home Pontevedra Soutomaior inicia a actividade das súas escolas deportivas con máis de 300...

Soutomaior inicia a actividade das súas escolas deportivas con máis de 300 inscritos

- Anuncio -
  • A actividade máis solicitada foi a academia padel para adultos con 75 participantes
  • Coa chegada do mes de outubro o Concello de Soutomaior pon en marcha, un ano máis, as súas escolas deportivas municipais. Unha iniciativa que, tras as restricións do ano pasado derivadas da pandemia, este ano recupera os índices de participación habituais rexistrando máis de 300 rexistrados e completando os grupos dunha decena de actividades.
  • Dentro das actividades infantís, o grupo máis numeroso é o de “Iniciación ao deporte” con máis de 60 nenos e nenas de 3 a 8 anos. Tamén destacan os grupos de Baloncesto, multideporte, ximnasia rítmica e patinaxe. No deporte de adultos o deporte máis solicitado foi o pádel, superando os 75 rexistrados, aínda que tamén se completaron os grupos de tenis e de AFA (Actividade física para adultos).
  • Debido ao enorme volume de rexistrados, e coa intención de que o menor número de participantes queda fóra, modificáronse minimamente algúns grupos e horarios dos deportistas @teniendo en cuenta que a preferencia era para os empadroados no Concello de Soutomaior.
    Cada actividade conta en cada sesión cun mínimo de 1 monitor titulado e os grupos sempre estarán suxeitos ao protocolo sanitario que marque a Xunta de Galicia en relación ao deporte recreativo. No interior do pavillón será obrigatorio o uso de máscara para todos os participantes que ademais contan cun seguro de accidentes deportivos.
  • O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, visitou onte aos mozos participantes para darlles a benvida ás escolas deportivas municipais e expresou a súa satisfacción “por ir aos poucos recuperando a normalidade e poder dar de novo unha resposta á infinidade de veciños de todas as idades que gozan do deporte”, finalizou o rexedor.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas