Home Pontevedra Deza Taboada recibe o proxecto do Plan de Acción para o Clima e...

Taboada recibe o proxecto do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES)

- Anuncio -

• Taboada conseguiu realizar este proxecto a custo cero para as arcas municipais ao ser un dos alcaldes que asinaron o pacto para o clima e a enerxía sustentable.

O goberno de Vila de Cruces recibiu no Salón de Plenos do consistorio aos representantes da empresa Edicon Consultores, que foi a empresa encargada de elaborar o plan de acción correspondente.

Estes plans realízanse coa intención de mellorar a sustentabilidade do concello, asumindo o compromiso voluntario de reducir as emisións de CO2 nun 40% antes do 2030, mellorando a eficiencia enerxética, utilizar fontes de enerxía renovables nos seus territorios e desenvolver medidas para adaptarse ás consecuencias do cambio climático.

Conforme as esixencias técnicas, o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) estrutúrase en catro bloques básicos:

• Inventario de Emisións de Referencia (IER). Inclúe unha cuantificación das emisións de CO2 derivadas dos consumos enerxéticos levados a cabo no municipio de Vila de Cruces para o ano de referencia seleccionado (2020). O IER posibilita a identificación das principais fontes antrópicas emisoras de CO2 e outros gases de efecto invernadoiro no municipio, achegando a información necesaria para o establecemento dun diagnóstico enerxético local a partir do cal se programan e priorizan as medidas do Plan de Acción que van permitir reducir estas emisións.

• Diagnóstico enerxético. A partir da información achegada no IER leva a cabo unha análise e diagnóstico pormenorizado da situación enerxética a escala local, incluíndo a identificación e avaliación das medidas adoptadas ata a data polo Concello relacionadas coa redución de emisións de GEI e a proxección de escenarios de emisión. Este diagnóstico permite poñer de
manifesto os sectores estratéxicos sobre os que exercer maior esforzo para minimizar a súa incidencia no cambio climático a escala local.

• Avaliación local da vulnerabilidade e riscos do Cambio Climático. Descrición e análise dos distintos riscos aos que o municipio está exposto tanto agora como aos que se poderá ver exposto no futuro por mor dos cambios producidos polo cambio climático na rexión, identificando as vulnerabilidades e oportunidades de adaptación que presenta o novo escenario climático.

• Plan de Acción para o clima e a Enerxía Sostible (PACES). Planificación, estruturación, definición e priorización das medidas para levar a cabo ata o ano 2030 para alcanzar o obxectivo de reducir as emisións antrópicas de CO2 no Concello de Vila de Cruces, polo menos, nun 40 % desde o ano de referencia considerado. Inclúese ademais un plan de seguimento baseado en indicadores co obxectivo de asegurar a correcta vixilancia e implantación das medidas, así como a análise da súa efectividade en relación á redución dos consumos enerxéticos e emisións de GEI. Inclúese, ademais, unha caracterización xeral do termo municipal, a cal permita dispoñer dunha visión suficientemente ampla das condicións do municipio.

Este proxecto vén subvencionado polas axudas concedidas pola Consellería de Medio Ambiente dotado cunha contía económica de 6.000 euros, cos cales se sufragará o gasto deste proxecto, Taboada reafirma deste xeito o seu compromiso co medio ambiente e co compromiso firme de lograr un concello máis sustentable.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas