Home Vigo Baiona Baiona recolle o premio á mellor xestión deportiva de Galicia 2020 en...

Baiona recolle o premio á mellor xestión deportiva de Galicia 2020 en municipios de menos de 15.000 habitantes

- Anuncio -

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, recolleu o premio do Concello de Baiona ao mellor concello de Galicia en xestión deportiva na categoría de concellos de menos de 15.000 habitantes na gala que se celebra anulmente nos Premiso Galicia á Xestión Deportiva que celebrou onte a Sociedade Galega de Xestores Deportivos ( Agaxede) en Arteixo.

O rexedor acudiu acompañado da Concelleira de Deportes, Miriam Costas, e o técnico municipal do departamento, Javier López.
Gómez Prado agradece este galardón, que atribúe a “a profesionalidade e compromiso do equipo de persoal técnico do concello, a todos os clubs deportivos locais colaboradores e ás persoas voluntarias que se ofrecen para axudar en cada un dos múltiples eventos que se organizan en Baiona”, así como a “ os veciños e veciñas do municipio, unha poboación cada día máis concienciada pola práctica de hábitos saudables”.
O mandatario explica que este recoñecemento reafirma “o bo camiño de Baiona no que a instalacións e actividades deportivas refírese” e destaca a gran oferta existe nestes momentos “con varios eventos consolidados e convertidos en referente”.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, felicita a AGAXEDE polo continuo labor de promoción e impulso ao deporte que levan a cabo a nivel rexional e mostrouse “agradecido e satisfeito” ao coñecer a noticia, porque “máis aló do resultado final, constitúe un aliciente ao magnífico labor que realizan todos e cada un dos profesionais, amantes e afeccionados que directa e indirectamente están vinculados a esta área nun municipio que, como Baiona, é Deporte”.

O lema “Baiona co deporte” agrega o rexedor “é algo máis que palabras e que reflicte o esforzo que realizamos a diario neste Concello para poñer ao servizo dos baioneses e baionesas, deportistas federados e non federados, amantes do deporte en xeral que temos no noso municipio”.

O galardón recoñece a Baiona como o pequeno concello galego que mellor desenvolve o potencial do seu deporte local e fomenta os hábitos de vida saudables entre os veciños e veciñas. Baiona destaca na xestión de plans ou proxectos de actividades, de espazos ou infraestruturas que contribúen a mellorar o desenvolvemento do deporte no ámbito territorial da súa competencia.
A gala de entrega tivo lugar no Auditorio do Centro Social de Arteixo onte martes, 19 de outubro, ás 20 horas. Os premios outorgados corresponden ao ano 2020, que por razóns sanitarias non puideran concederse.

Baiona resultou vencedora neste categoría na undécima edición. Así o resolveu o xurado, composto por representantes de Agaxede, como promotora e organizadora, ademais de diferentes entidades, como a Secretaria Xeral para ou Deporte, a Fegamp, a prensa deportiva, a Ufedega, as Facultades de Ciencias do Deporte da Coruña e de Vigo e o Colef-Galicia.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas