Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Cubela retoma en Pedre as xuntanzas veciñais para fomentar a cogobernanza e...

Cubela retoma en Pedre as xuntanzas veciñais para fomentar a cogobernanza e a mellora da calidade de vida das persoas e dos lugares do municipio

- Anuncio -

• O alcalde anunciou o inicio inminente da restauración da ponte medieval e a chegada da fibra óptica e a alta velocidade en internet a gran parte da parroquia

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, retomou onte en Pedre as xuntanzas veciñais, interrumpidas pola pandemia da Covid-19, para impulsar a participación e a cogobernanza na mellora da calidade de vida das persoas e dos lugares do municipio. Jorge Cubela aproveitou a xuntanza cos veciños de Pedre para anunciarlles que en breves días comezarán as obras de restauración e acondicionamento da ponte medieval e o seu entorno así como o despliegue da fibra óptica que traerá a alta velocidade en internet a gran parte da parroquia.

O rexedor animou aos veciños asistentes a trasladarlle iniciativas, propostas e queixas sobre situación da parroquia e manifestoulles o seu desexo de seguir impulsando este tipo de iniciativas de participación democrática da veciñanza nos temas que lles afectan directamente.

“Retomamos con gusto este contacto directo e colectivos cos veciños e veciñas de Pedre para impulsar medidas de participación veciñal na toma de decisión de aqueles asuntos de especial intereses para as persoas que viven nos diferentes lugares do territorio que conforma o concello de Cerdedo-Cotobade. Queremos que a xente sexa protagonista e decida o destino dos recursos municipais para priorizar e resolver aqueles problemas que lles afectan directamente. Este método permite que a veciñanza comprenda que o alcalde e os membros do grupo de goberno estamos ás súas ordes e temos a obriga de resolver dun xeito conxunto aqueles problemas que lles afectan de forma directa e aos que hai que lle poñer remedio. Os servidores público estamos precisamente para servir aos nosos administrados e niso consiste básicamente este tipo de xuntanzas”.

Entre as peticións trasladadas ao concello e recollidas polo alcalde e varios membros do seu grupo de goberno, que o acompañaban na xuntanza, centráronse na rehabilitación de un par de camiños, traballos de mantemento e pintado de bancos, bolardos e as farolas ornamentais presentes no núcleo rural de Pedre, especialmente as existentes no entorno da Eira Grande e a intervención en tres fontes que presentan presentan problemas de funcionamento e subministro de auga.

Os veciños fixéronlle partícipe ao alcalde da súa preocupación polo funcionamento de tres traídas de augas veciñais. Cubela aproveitou para resumir o contido da recente xornada celebrada para crear un Plan Municipal de Abastecemento de Auga Autónomo no que se incluirán un total de 81 traídas veciñais e animounos a interesarse por este programa
como fórmula axeitada para auditar o funcionamento das traídas, aportar solucións para melloralas e como vía de acceder a subvencións europeas para modernizarlas e adaptalas ás necesidades do século XXI.

O alcalde, recolleu todas estas propostas e inquedanzas e manifestou o seu desexo de dar unha resposta positiva a todas elas dun xeito inmediato. Tamén anunciou que manterá aberta a liña de atención veciñal individual no Concello simultanéandoa con este tipo de asembleas “onde todos se manifestes públicamente e poidamos buscar, entre todos, o mellor para todos e cada un dos veciños e veciñas que residen nos distintos lugares que conforman o noso municipio”, indicou Cubela.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas